Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacions. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de diciembre de 2011

Blackberry AppWorld 3.1.0.56



Unha nova versión -3.1.0.56- do AppWorld recén cociñada do forno de RIM sae á luz na zona beta.As novidades máis salientables son:

  • regalo/pedido: ¡agora regalar unha aplicación a algún amigo é máis doado ca nunca! Basta con ingresar no Appworld e seleccionar a aplicación desexada e pulsar sobre "gifting".Do mesmo xeito, tamén será posible facer unha lista das aplicacións desexadas -"begging"-...por se algún se anima a mercarchas.
  • valoración de contidos: é posible valorar o nivel de madurez dunha aplicación do mesmo xeito ca no Android Market
  • soporte WiFi: agora poderase facer uso do AppWorld con ter dispoñibilidade dunha conexión WiFi
  • soporte de linguas:chino simplificado e tradicional, vietnamita e holandés son as novas linguas engadidas á aplicación
Máis información aquí

lunes, 28 de noviembre de 2011

Blackberry Music en España e Italia

BBM Music
¡Por fin! De seguro que máis de un usuario estaba desexando escoitar que o servizo de música de Blackberry - BBM Music- acaba de aterrar en España e Italia. De feito, dende hai dous días, era posible o acceso con total normalidade á nova versión da aplicación compatible con estes países.

Para aqueles que aínda non coñezan de que estamos a falar, BBM Music é un servizo social integrado no Blackberry Messenger que permite escoitar música - inclusive offline -, crear listas coas túas cancións favoritas e compartilas cos teus amigos. A música seleccionada polos teus contactos tamén estará dispoñible para ti, polo que ¡canto maior sexa o teu número de amigos máis música estará ó teu alcance!.

A aplicación é gratuíta e dispón dun mes de subscrición de demostración .Tras este tempo, para poder acceder a tódalas características, será necesario actualizarse á versión de pago (3.5 € mensuais).

Máis información pode ser atopada nas seguintes ligazóns : 1 , 2

jueves, 17 de noviembre de 2011

PatternLock


Existe unha forma moito máis rápida de desbloquear os nosos smartphone sen acceder ó botón de bloqueo.Orixinal dos dispositivos Android ,a nova versión de PaternLock pórtase ós novos terminais táctiles de Blackberry.

O seu funcionamento é intuitivo:a configuración básica consiste en debuxar sobre a pantalla unha secuencia denominada "patrón" que nos permitirá bloquear/desbloquear o dispositivo.

Outras características destacables son:

  • Numerosas opcións de bloqueo automático
  • Bloqueo de aplicacións individuais na pantalla de chamada ou en todo o dispositivo
  • Imaxe de fondo personalizada, e alta capacidade de personalización
  • Mostrar notificacións na pantalla de bloqueo
  • Mostrar información metereolóxica con BerryWeather 2.2 +
PatternLock está dispoñible para Blackberry con pantalla táctil a un prezo aproximado de $1.99 (1.5 €) no BlackBerry AppWorld.

miércoles, 12 de octubre de 2011

¿Onde está o meu coche?


Seguro que en máis dunha ocasión esqueciches onde tiñas aparcado o teu coche, dende agora grazas a CarFinder non volverá a suceder.

CarFinder é unha aplicación gratuíta que permite localizar ó noso vehículo a través dun sistema GPS.O funcionamento é intuitivo: na pantalla principal podemos escoller entre:

  • Establecer Posición:fixamos a posición onde está o vehículo
  • Buscar Posición: recuperamos a posición do vehículo
Una vez fixada a posición, a pantalla "Buscar" aparece inmediatamente. Esta pantalla ten tres accións principais: Compás, BB Maps, e enviar posición.

O compás permitiranos chegar á posición onde o vehículo foi aparcado facendo uso dunha frecha e indicando a distancia lineal entre a posición GPS actual e a posición GPS gardada.

A representación das coordenadas realízase co BBMaps: nun mapa obteremos un punto coa localización do coche e outro coa nosa.




martes, 11 de octubre de 2011

Converte a Blackberry nun mando a distancia (2)


Nesta ocasión, aprenderemos como sacar -aínda máis- partido á nosa Blackberry: converteremos o teclado da Blackberry nun teclado inalámbrico para o PC.

Controlar as presentacións do PowerPoint, o volume dun vídeo no Windows Media Player ou simplemente navegar pola rede no noso ordenador a través do Blackberry será dende agora posible grazas a bluCTRL.

En primeiro lugar debemos descargar a aplicación cliente, a cal instalaremos na Blackberry.



A continuación faremos o mesmo coa aplicación servidor, que instalaremos no PC - compatibilidade comprobada con Windows XP SP2 ou Windows Vista - . Tamén será necesario ter un receptor de Bluetooth no noso ordenador -prezo non superior a 10 € - co cal faremos a vinculación inalámbrica.

Para vincular ambos dispositivos temos que activar a conexión Bluetooth na Blackberry e de seguido facer clic na esquina inferior dereita da barra de tarefas do Windows e seleccionar a opción de engadir controlador:



Agora o programa detectará á nosa Blackberry e procederá a vincular:





¡Aceptamos e xa podemos comezar a controlar o PC a distancia!







lunes, 10 de octubre de 2011

DropBox na Blackberry


Dropbox é un servizo de almacenamento gratuíto que permite o almacenaxe de todo tipo de ficheiros na nube. Deste xeito, poderás acceder a tódolos teus arquivos dende calquera dispositivo que estea conectado a Internet,sendo posible compartir cos teus amigos cartafoles e ficheiros .

Inicialmente DropBox conta con 2GB de espazo de almacenamento gratuíto, aínda que existen formas de acceder a máis espazo gratuitamente : invitando amigos, sendo estudante universitario...

Dende a aplicación poderás gozar de interesantes opcións coma xerar ligazóns de descarga de ficheiros da túa conta para envialos posteriormente a calquera contacto do teléfono ou sincronización directa coa Blackberry .

martes, 4 de octubre de 2011

Converte a Blackberry nun mando a distancia


Cunha Blackberry e a aplicación Garage Shadow, agora poderás abrir e pechar a porta do garaxe, a distancia e sen baixarte do coche. Debido a que emprega IR e BlueTooth, tamén será posible accionar os mandos dos equipos de audio e vídeo que existan na túa casa.




lunes, 3 de octubre de 2011

FTP coa Blackberry


¿Usuario de FTP? Agora tamén dende a túa Blackberry!! BeFTP é unha aplicación que funciona como un cliente FTP, o cal nos permitirá acceder a servidores remotos e operar cos directorios e arquivos - podemos acceder ó sistema de ficheiros interno ou ó sistema de datos da tarxeta de memoria .

O programa atópase pre-configurado para conectarse ó servidor público de BEIKS , onde poderás baixar novas versións ou outras aplicacións .Tamén é posible especificar varias contas, crear listas de hosts, ou especificar portos.









viernes, 30 de septiembre de 2011

BBM: Inquery


¿Queres coñecer a opinión dos teus amigos sobre un tema? Agora coa túa Blackberry e a través da aplicación Inquery, é posible. O programa emprega o BBM -Blackberry Messenger - como soporte para escoller ós amigos e propoñerlles unha enquisa.







jueves, 29 de septiembre de 2011

BirthdayApp: non o volvas a esquecer


¿Nunca te lembras de cando é a data de aniversario da túa nai ou moza? Con BirthdayApp non terás escusa.

Esta aplicación axudarache a recordar os aniversarios de familiares e amigos dun xeito moi doado.Basta especificar as datas e os días de antelación -entre un mes e o mesmo día - para ser notificado. BirthdayApp permite importar directamente as datas dende os contactos da Blackberry de xeito que non será preciso volver a inserilas.Outro factor a ter en conta é que non se executa en segundo plano, senón que só se acenderá para o recordatorio.


miércoles, 28 de septiembre de 2011

Conduce seguro:DriveSafe


¿Estás a conducir e necesitas saber quen che acaba de enviar unha mensaxe ou un correo electrónico? Con DriveSafe , non necesitarás despegar as mans do volante.

Esta aplicación está deseñada coa finalidade de evitar accidentes de tráfico por descoidos relacionados co teléfono. Conta cun sistema intelixente de recoñecemento e procesado de voz que permite que un asistente che lea os mensaxes.Na versión profesional tamén será posible contestalos ditando directamente ó dispositivo.



martes, 27 de septiembre de 2011

Administrando servers coa Blackberry : telnet e ssh


Se tes acceso a Internet dende a túa Blackberry, xa sexa a través de WiFi , BIS ou APN estás de sorte : ¡agora poderás executar clientes telnet e ssh dende ela!

O ssh e o telnet son protocolos que permiten o acceso a máquinas remotas a través dunha rede, permitindo a administración dun equipo empregando un intérprete de comandos. A principal diferenza entre ámbolos é que no primeiro a comunicación vai cifrada, polo que unha terceira persoa allea ó proceso non podería descifrar o contido.

Antes de nada, deberemos descargar o bbssh, unha aplicación que funciona como cliente de ssh. Trala instalación , procedemos a configurar unha nova conexión:


Configuramos os parámetros de sesión : nome do host, usuario, contrasinal e o tipo de conexión -BIS,WiFi...-


Se nos conectamos ó noso propio servidor, é recomendable que asignemos un novo número de porto para que o ssh escoite as peticións de conexión da Blackberry - por defecto é o porto 22- . Para iso , en Ubuntu editamos o arquivo /etc/ssh/sshd_config e agregamos a liña : port 33333 , onde 33333 será o novo porto de escoita .Reiniciamos o servizo con service sshd restart.

Hai que ter en conta que o ssh é capaz de escoitar en dous portos simultáneamente, polo que non necesitamos eliminar a asignación do porto por defecto. Na aplicación seleccionaríamos o novo número de porto ( poderíase facer deste xeito : omeuserver.omeudominio.com:33333 ) e nos conectaríamos.



miércoles, 21 de septiembre de 2011

Bye Bye Spam



¿Canso de sms e chamadas telefónicas de publicidade? Dille stop ó spam coa túa Blackberry e Mr Number Call and Caller ID .

Esta aplicación baséase en que os números entrantes -mensaxes e chamadas - poden ser clasificados e dous grandes grupos: listas negras -números non permitidos- e listas brancas -números permitidos -. Os non aceptados serán colgados automaticamente ou desviados á caixa de correo de voz .

O alto nivel de configuración permite ademais bloquear números privados ou prefixos pertencentes tanto a países ou a zoas específicas. O programa inclúe " de serie" unha lista de miles de axentes de publicidade telefónica.





martes, 20 de septiembre de 2011

Chama gratis ós Blackberry!


¿Os teus amigos teñen unha Blackberry? Dende agora o pagar por falar rematou.

Tringme é unha completa aplicación de telefonía VoIP que permite facer chamadas a través de WiFi sen requirir os minutos do teu celular, polo que non é necesario dispor de un plan de datos.

Entre as diferentes opcións de configuración destaca o feito de poder programar devolucións de chamada - útil cando non poidamos acceder a redes inalámbricas - ou a de cifrado extremo a extremo.

A característica que fai que esta sexa unha aplicación especial é que as chamadas entre usuarios de Tringme son completamente gratis a través da WiFI.



lunes, 19 de septiembre de 2011

BB Music : nova actualización


A aplicación BB Music actualízase á versión 1.0.0.93 para tódolos usuarios da betazone de RIM.Será necesario contar cunha invitación e ser residentes en USA, Canadá ou UK.

Entre as novidades destacan:
  • Botón de Stop.
  • Mellora de rendemento: o límite elévase a 200 contactos.
  • Correcións de bugs


Via:Berrydroid

viernes, 16 de septiembre de 2011

Walkie-Talkie = Blackberry


¿Gústache escoitar a radio ? Entón seguro que tiveches ou xogaches algunha vez cun walkie-talkie. Grazas a Blackberry e a LoudTalks volverás a gozar coma un neno falando cos teus amigos!!

LoudTalks permite que a Blackberry se comporte coma un walkie: premendo un botón poderás falar directamente cos amigos previamente engadidos. Esta aplicación require un plan de datos para o seu funcionamento polo que pode ser necesario que teñas que configurar o apn do teu Blackberry - non soporta BIS- ou empregar unha WiFi.



Shazam!



Escoitas unha canción , gústache pero... ¿non tes nin idea de quen é o grupo ou artista ? Dende agora Shazam converterase no mellor amigo da túa Blackberry.

Shazam é unha aplicación cuxo funcionamento está baseado en que tódalas cancións poden ser identificadas mediante unha pegada dixital . Deste xeito, a través de diversas operacións matemáticas coma o cálculo de coeficientes de Fourier ou o algoritmo LPC , o programa identifica cada pegada e a compara cunha base de datos online. De feito bastan unhos poucos segundos de canción para que todo o proceso se leve a cabo.

Se unha canción é identificada, obteremos o nome do grupo, a carátula do albume ó que pertence e unha ligazón a iTunes para que poidamos previsualizala ou mercala.

Sen dúbida, Shazam é unha das aplicacións máis útiles e curiosas que existen actualmente para Blackberry.




jueves, 15 de septiembre de 2011

Emulando xogos: Nes e GameBoy














¿Apaixonado dos xogos? ¡Agora poderás volver a xogar ós clásicos da NES ou GameBoy coa túa Blackberry!

GBC
é un emulador non gratuíto compatible coa inmensa maioría de xogos de GB e GBC.Entre as súas características están que admite modo en pantalla completa ou GameShark -usado para introducir os trucos ou "cheats" - . Ademais permite cargar as roms dende a propia tarxeta SD polo que non terás que empregar programas externos para facelo.Podemos personalizar totalmente a asignación de teclas .




Como alternativa gratuíta atopamos MeBoyBuilder, programa externo para ser empregado nun PC e que converte os arquivos rom en jar que deberás transferir á túa Blackberry.Neste caso, para cada xogo necesitarás un "paquete" jar.


BerryNES é un emulador deseñado en Java e compatibilizado para ser empregado na Blackberry.Incorpora no mesmo paquete ata 21 xogos (Mario Bros, Zelda, Metroid, Castlevania ou DonkeyKOng...).


miércoles, 14 de septiembre de 2011

¿BB Social Game Center?


¿Chatear e xogar o mesmo tempo? Vai despedíndote das aborrecidas conversacións de chat, ¡ agora poderás facelas un chisco máis entretidas con BB SocialGameCenter!

Esta aplicación intégrase no servizo de chat BB Messenger, de xeito que podes convidar a algún amigo a xogar a un xogo de mesa online. De momento non hai moitos xogos dispoñibles (damas, xadrez, 4 en liña, batalla naval e reversi ) pero de seguro que aumentan co tempo!