lunes, 8 de octubre de 2012

Blackberry OS 2.1



Fai días atrás unha nova versión do Playbook OS -2.1- víu a luz.Entre as novas características e funcionalidades podemos atopar as seguintes:

  • Acendido/reinicio máis rápido
  • Velocidade do navegador incrementada
  • Acceso completo ós cartafoles de correo electrónico IMAP
  • As aplicacións de Android agora son executadas en ventanas diferentes
  • Servizo de encriptación completa 
  • Engadidas novas funcionalidades ó BB Bridge: ler, escribir e recibir mensaxes de texto dende a BlackBerry PlayBook.
  • Engadido soporte da cámara para aplicacións nativas de Android 
  • Novas políticas de seguridade ActiveSync 
  • Print To Go: envío de contido dende o PC á BB Playbook sen necesidade de estar conectados á mesma rede inalámbrica
  • Modo retrato pode ser empregado coas aplicacións de email,calendario, e contactos
  • Posibilidade de mercar aplicacións Android dendea interfaxe do sistema operativo

domingo, 30 de septiembre de 2012

Instalando aplicacións na Playbook: sideloading (II)



Requisitos:

                   - PC+navegador Chrome*+extensión Playbook AppManager
                   - WiFi            

                   - Aplicación a instalar (con extensión ".bar" )


¿Non tes un cable USB a man? ¿Necesitas descargar de novo o Desktop Manager? ¡Agora poderemos facer sideloading á nosa Playbook empregando unicamente o noso navegador e unha extensión chamada Playbook AppManager!

Recomendamos o navegador Google Chrome para efectuar esta operación, aínda que segundo comenta o autor da extensión, Firefox sería tamén compatible.

Tras ter instalado a extensión e unha vez que a tablet esté configurada en "modo desenvolvemento"  procedemos a executala facendo click no navegador en preferencias->extensións->Playbook AppManager ->opcións.
 
A continuación, introducimos a dirección IP proporcionada pola tablet e a password:



Agora seleccionamos as aplicacións con extensión ".bar" que queremos instalar e marcamos "Install Apps"



Observamos como a aplicación estase a cargar na Playbook...



e ¡xa está!, ¡no escritorio da tablet aparecerán as aplicacións listas para ser empregadas!





jueves, 27 de septiembre de 2012

Blackberry 10 : outro vistazo




A presentación do novo terminal de probas de Blackberry  10 - Dev Alpha B -, trae consigo o seguinte vídeo no que podemos observar dun xeito máis práctico a nova interface de usuario e concretamente o redeseño da lapela de opcións do sistema. ¿Segue unha liña similar á dos menús da Playbook , non si?






jueves, 20 de septiembre de 2012

Blackberry X : serie L ¡novas imaxes!


Cada vez queda menos para que os novos dispositivos de RIM dotados coa décima versión do Blackberry OS cheguen á rúa.De feito, a Blackberry s-L -serie Liverpool - será unha das primeiras series de terminais que estarán dispoñíbeis a comezos de ano.

¡As primeiras imaxes están xa a ser filtradas!







Fonte:BisVN

martes, 18 de septiembre de 2012

Instalando aplicacións na Playbook: sideloading (I)



Requisitos:

                   - PC+Windows+Blackberry Desktop Manager (DM)
                   - Cable USB
                   - Java Runtime Environment (JRE)
                   - DDBB 
                   - Aplicación a instalar (con extensión ".bar" )


En primeiro lugar, debemos activar o "modo de desenvolvemento" na Playbook accionando o interruptor que se atopa no menú de configuración -> seguridade -> modo de desenvolvemento.




Inmediatamente e como medida de seguridade, solicitarase a introdución dun contrasinal.É moi importante recordalo, xa que o empregaremos máis adiante.




A continuación, se volvemos á pantalla do escritorio, observaremos como na parte superior dereita aparece unha nova notificación informado da dirección IP asociada ó dispositivo no modo de desenvolvemento (neste exemplo é 192.168.10.151)




Tras ter instalado tódolos programas anteriores, conectamos a nosa tablet ó PC a través do cable USB e executamos o Desktop Manager.Tras uns intres, a icona correspondente á Blackberry Playbook aparecerá na pantalla principal. Isto indica que o dispositivo é recoñecido de xeito correcto polo sistema operativo



                  

Sen pechar o DM, executamos o DDBB. Podemos comprobar como na parte esquerda aparecen diferentes campos baleiros relativos á dirección IP, contrasinal, versión do sistema operativo interno e PIN .



Enchemos o campo "Playbook IP Adress" coa dirección IP proporcionada na notificación do escritorio,así como o contrasinal que introducimos ó comezo.De seguido, prememos en "Connect" .Se non se producen problemas, nuns segundos, os campos OS,PIN e Version , aparecerán completados . No caso contrario, intentaremos que a Playbook sexa atopada premendo no DDBB o botón "Scan" .

Engadimos co menú "Add" as aplicacións que queremos instalar (deben ter a extensión ".bar" ). Segundos despois e tras premer "Install" ¡as aplicacións aparecerán no escritorio da nosa tablet preferida!


* ¿De onde consigo as aplicacións coa extensión ".bar" ?

- Existen moitas páxinas que almacenan estas aplicacións.

* ¿Por que algunhas destas aplicacións non están no AppWorld?

- Practicamente a totalidade de aplicacións portadas de Android non se atopan no AppWorld debido á política interna de RIM.Outras aplicacións nativas, non superaron os filtros para ser aloxadas ou ben son versións de proba que os programadores colgan das súas webs.

* ¿As aplicacións con esa extensión son nativas para a Playbook?


- A Playbook só funciona con aplicacións de extensión ".bar".Agora ben, tanto as aplicacións nativas coma as portadas terán esa extensión.

* ¿Como instalo aplicacións de Android?

- A Blackberry Playbook emprega aplicacións con extensión ".bar", mentres que os sistemas con Android empregan aplicacións con extensión ".apk". Existen procedementos para converter as aplicacións de Android a formatos compatíbeis coa Playbook aínda que se precisan coñecementos avanzados de programación. Sen embargo, ¡existen webs nas que podemos descargar directamente os ficheiros convertidos e preparados para a instalación!

* ¿É legal facer este tipo de instalación?

- Si, ¡sempre que non instalemos aplicacións de pago piratas!.A meirande parte das aplicacións dispoñíbeis son de balde, aínda que de vez en cando podemos atopar versións de pago crackeadas.

* ¿É perigoso?¿Podo perder a garantía oficial?

- Non se ten constancia de tablets inoperativas por facer sideloading.De tódolos xeitos,RIM non recomenda empregar instalacións non oficiais, gardando o dereito a romper a garantía.








martes, 11 de septiembre de 2012

Instalando aplicacións na Blackberry Playbook (I)



A forma máis sinxela de instalar novas aplicacións na nosa Blackberry Playbook é a través do AppWorld, sen embargo moitas delas ou non se atopan aínda dispoñibles ou non foron aceptadas por diferentes razóns.

As siglas OTA fan referencia á expresión "over the air" , é dicir, á instalación de aplicacións descargadas directamente de Internet a través do explorador ou dende a memoria interna do dispositivo.


Nos smartphone Blackberry, as aplicacións adoitan a estar "empaquetadas" en ficheiros de extensións jad/jar, polo que basta abrir estes arquivos para comezar a instalación, é dicir, digamos que son "auto-executables" . Sen embargo na Playbook a extensión empregada é "bar" e as características de seguridade do sistema operativo da tablet impiden a instalación directa deste tipo de ficheiros fóra do AppWorld.

Nas próximas entregas explicaremos diferentes opcións baseadas nunha técnica denominada "sideloading" para poder saltarnos esta restrición e poder instalar calquer aplicación con extensión "bar" ( tamén poderemos instalar as aplicacións de Android ! )

miércoles, 5 de septiembre de 2012

A problemática das aplicacións:Blackberry e Playbook




"A Playbook non ten aplicacións". Esta é a principal queixa da meirande parte dos usuarios da tablet de RIM. A "escaseza" de aplicacións dispoñibles no AppWorld respecto ós competidores baseados en sistemas Android e iOS xunto á imposibilidade - polo menos teórica- de cargar novos contidos OTA (over the air) son dúas importantes eivas que impiden que novos compradores se decanten por esta opción.


Pero non todo son números. Ben é certo que o Android Market dispón neste momento de aproximadamente 530000 apps, e que o AppStore de Apple xa superou as 450000, cifras non comparábeis coas case 100000 do AppWorld de Blackberry.O principal problema é que só un 25% destas aplicacións están deseñadas para funcionar de forma específica coa Playbook, é dicir, practicamente  o 75% das aplicacións do market da Blackberry ou son "ports" de Android ou ben son nativas - e non compatibles- dos smartphone Blackberry.

Outro aspecto interesante, é o número total de aplicacións totalmente gratuítas: un 65% das aplicacións presentes no market de Android son de balde, e dentro das de pago, a meirande parte están a prezos inferiores ós 3€. Un porcentaxe próximo o 40% son de balde no AppStore e finalmente,unha cuarta parte do total, no AppWorld. Agora ben, estas cifras están baseadas no número total de aplicacións de cada market, polo que habería que facer contas para obter resultados comparativos fiables entre as 3 plataformas.

¿Cal é a importancia da existencia de aplicacións de balde? Moita, pois practicamente a totalidade dos novos usuarios dunha plaforma non se decantan inicialmente por aplicacións de pago se existen alternativas gratuítas ou ata que adquiren certa experiencia,amen dos recios a empregar a tarxeta de crédito neste tipo de compra, se ben sempre depende en parte do sector laboral ó que pertenza o usuario.De feito, un estudo realizado por IHS Screen Digest en febreiro de 2011, mostra que o AppWorld segue sendo a tenda online de aplicacións máis rentable, xa que un número moi importante de usuarios de BB son de carácter empresarial e están dispostos a pagar por aplicacións "profesionais" que lles permitan continuar co seu traballo nos seus dispositivos.

 


A conclusión á que debemos chegar é que a supervivencia de calquera plataforma está ligada á cantidade / calidade das súas aplicacións,polo que o futuro inmediato e o éxito de Blackberry dependerá na medida en que os desarrolladores sexan capaces de seguir deseñando novas aplicacións de calidade que segan convencendo ós clientes .