Mostrando entradas con la etiqueta emular. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emular. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de febrero de 2012

¿Zelda no AppWorld?




De seguro que este título provocou a máis dalgún un sorriso involuntario, e non é para menos xa que a saga Zelda é unha das máis populares e con máis seguidores do mundo dos videoxogos, e sigue estando de moda. Tal é o seu éxito que foi adaptado a moitas plataformas , dende as primeiras versións para as consolas portátiles, pasando pola N64 ,3DS e agora tamén para Blackberry.


Tal e como nos comenta o noso compañeiro Agos Reigosa ,o título atopouse dispoñible no App World ata fai unhas semanas aínda que pode que non nas mellores condicións : o feito de que non viñera da man de Nintendo senón por parte da firma GameVNS , se executase a través dun emulador e non contase con licenza oficial puideron ser factores que condicionasen a súa "supervivencia" no mercado de aplicacións de RIM.

¿Debería RIM considerar no AppWorld a existencia deste tipo de xogos - executados a través de emuladores-? Dende Mallando na Blackberry estamos completamente convencidos, aínda que a cambio fose necesario realizar a compra da aplicación, pois de seguro a máis dun nostálxico lle faría ilusión recordar os "vellos tempos" botando unha partida.

Polo de agora, tal e como comentamos fai algún tempo, segue sendo posible gozar destes clásicos dun xeito máis "extraoficial" ;)






jueves, 27 de octubre de 2011

Proba a Blackberry Playbook 2.0 no teu PC


Grazas ás novas tecnoloxías é posible "probar" en primeira persoa o funcionamento dalgúns dispositivos sen a necesidade de mercalos.Isto é posible grazas a máquinas virtuais e emuladores , moi empregados polos programadores de aplicacións. Deste xeito pódese observar o comportamento de aplicacións en novos terminais e corrixir os bugs existentes.

No seguinte vídeo, o virtualizador do Blackberry PlayBook para os nosos PC.


jueves, 15 de septiembre de 2011

Emulando xogos: Nes e GameBoy














¿Apaixonado dos xogos? ¡Agora poderás volver a xogar ós clásicos da NES ou GameBoy coa túa Blackberry!

GBC
é un emulador non gratuíto compatible coa inmensa maioría de xogos de GB e GBC.Entre as súas características están que admite modo en pantalla completa ou GameShark -usado para introducir os trucos ou "cheats" - . Ademais permite cargar as roms dende a propia tarxeta SD polo que non terás que empregar programas externos para facelo.Podemos personalizar totalmente a asignación de teclas .




Como alternativa gratuíta atopamos MeBoyBuilder, programa externo para ser empregado nun PC e que converte os arquivos rom en jar que deberás transferir á túa Blackberry.Neste caso, para cada xogo necesitarás un "paquete" jar.


BerryNES é un emulador deseñado en Java e compatibilizado para ser empregado na Blackberry.Incorpora no mesmo paquete ata 21 xogos (Mario Bros, Zelda, Metroid, Castlevania ou DonkeyKOng...).