Mostrando entradas con la etiqueta Blackberry OS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Blackberry OS. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de febrero de 2012

Teclados en 3D en Blackberry OS 10


Nas últimas semanas, os rumores sobre o novo sistema operativo,Blackberry OS 10, non fan máis ca medrar.Hoxe, segundo o blogue americano N4BB ,RIM estaría a traballar nun novo tipo de teclado virtual en 3D, baseado na chamada "realimentación de vibración", unha tecnoloxía relacionada coa retro-alimentación háptica.

A empresa responsable do deseño sería TAT e se estaría empregando unha tecnoloxía moi semellante á de TAT Cascades.Para facermos unha idea, aquí unha pequena mostra desta tecnoloxía , a cal permite a integración da realidade aumentada nas aplicacións:



Á falla de máis datos que verifiquen ou desmintan este rumor, deixámosvos a imaxe da polémica, a cal deu pé a tódalas especulacións:




miércoles, 15 de febrero de 2012

Primeiras imaxes de Blackberry OS 10


As primeiras imaxes de terminais Blackberry correndo a nova versión do Blackberry OS -10.0- están circulando pola rede grazas ó blogue norteamericano crackberry. Segundo RIM, o novo sistema operativo está deseñado para aproveitar ao máximo a potencia dos terminais , ofrecendo funcionalidades avanzadas de multitarefa,xestión de memoria en tempo real ou aforro de batería dinámico.

De momento, o que está claro é que o aspecto gráfico foi totalmente re-deseñado.Do mesmo xeito que Android ou WindowsPhone, os widgets xogarán un papel importante na pantalla de inicio, brindándonos un acceso máis rápido e cómodo ás aplicacións máis empregadas.

Nesta outra imaxe, pódese observar a nova bandexa de entrada, a cal nos lembra bastante o deseño da aplicación análoga do PlayBook 2. Mención o feito de que os contactos de correo electrónico están completamente integrados na axenda, dun xeito similar ó que fai Android coa sincronización do caderno de direccións de GMail.


A última das imaxes filtradas mostra a pantalla de chamada: ás tradicionais opcións de altofalante e chamada, únense as posibilidades de videoconferencia ou de realizar anotacións no rexistro do contacto.



A falla de máis filtracións, o que está claro e que tralas polémicas xeradas coa sustitución do seu presidente executivo, RIM quere estar na boca de todo o mundo tecnolóxico, e nada mellor para conseguilo que con novidades coma esta.

sábado, 27 de agosto de 2011

BB Desktop Manager 7 beta


Temos noticias de que a beta da última edición do BBDM para PC (7.0.0.12 Build 10) foi filtrada polo que o soporte completo e oficial ó Blackberry OS 7 está en camiño.

Parece ser que os membros de OpenSourceBB conseguiron 'crackeala' para poder ser empregada sen un código de acceso - medida de seguridade pois se trata dunha beta restrinxida -

Para os que queiran probala aquí a ligazón: BBDM7


viernes, 26 de agosto de 2011

¿Playbook 2.0?

Segundo a web chinesa Maxpa , RIM estaría a modelar unha posible actualización do sistema operativo do seu tablet, concretamente a 2.0.0.2992.

Nas imaxes filtradas pódese observar as iconas do Android Player, BBM, Mensaxes, Calendario ou Contactos ,aínda que existen dúbidas sobre a súa veracidade. Á espera dun comunicado oficial, de momento toca agardar.




jueves, 25 de agosto de 2011

Poderanse executar aplicacións de Android en BlackBerry


Os nosos compañeiros de Mallando no Android xa comentaran hai un tempo que se podían executar aplicacións na BlackBerry Playbook, aínda que de xeito pouco refinado. Mais agora falamos dunha cuestión oficial e completa: as BlackBerry que saian co sistema operativo QNX, sustituto do BlackBerry OS, poderán executar aplicacións de Android de xeito nativo (a Playbook xa dispón de QNX).

Isto abre todo un abano de posibilidades para BlackBerry, pois hai que ter en conta que o mercado de aplicacións de Android é moi amplo e variado, contando ademais con moitas aplicacións gratuítas, polo que as BlackBerry's serían aínda máis funcionais.

No caso específico da BlackBerry Playbook, que xa vén con QNX, precisa dunha actualización, xa que até o de agora non pode executar as aplicacións Android directamente. Previsibelmente RIM actualizará este dispositivo a finais de setembro para facelo compatíbel.

Que vos parece esta converxencia BlackBerry-Android? Credes que sería mellor que levasen camiños por separado?

Os sistemas operativos de RIM


RIM (Research In Motion), a empresa canadiense na que naceron os dispositivos Blackberry, sempre foi coñecida por producir Smartphones de gran calidade pero cun sistema operativo demasiado fragmentado.

Hoxe en día aínda é posíbel atopar sen dificultade terminais que empregan ata 8 versións diferentes do Blackberry OS : 4.2 , 4.3 , 4.5 , 4.6 ,4.7 , 5 , 6 , 6.1 e a última versión 7. Isto pode provocar problemas de compatibilidade con certas aplicacións , xa que só son válidas para unha determinada versión . Ademais, non tódolos terminais poden actualizarse coa última versión por compatibilidade de hardware.

Por exemplo os dispositivos " de serie " coa versión 6 serían :

  • BlackBerry Clamshell 9670
  • BlackBerry Bold Slider 9800
  • Blackberry Atlas 8980
  • BlackBerry Kepler 9300

mentres que os dispositivos que poderían ser actualizables dende a versión 5.0 á 6 serían unicamente :

  • BlackBerry Bold 9650
  • BlackBerry Pearl 9100/9105
  • BlackBerry Bold 9700
  • BlackBerry Storm 9520/9550

Espérase que neste ano coa chegada da nova plataforma QNX,- compatíbel con Android - se poña dunha vez fin a este problema.