Mostrando entradas con la etiqueta sabías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sabías. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de septiembre de 2011

Curiosidades #3#

  • Para entrar no menú de enxeñaría dun terminal Blackberry debemos facer os seguintes pasos: ir á "Pantalla de axuda", pulsar a combinación alt + shift esquerda+h . Apareceremos nun menú oculto no que debemos anotar o valor do tempo de actividade(uptime) . A continuación descargamos a aplicación BBEscreen e enchemos o formulario cos datos solicitados.




Por último seleccionamos o tempo de duración que queiramos e pulsamos en get key. ¡¡ Non modifiques nada xa que o teu Blackberry podería non acenderse máis!!

  • Cando a batería da Blackberry está a piques de esgotarse non é posible facer chamadas (unicamente chamadas de emerxencia ó 112) , xa que a radio permanece desactivada .É posible enganar ó dispositivo para poder usar a carga restante nunha chamada, mail ou mensaxe .Para iso debemos chamar ó 112 e pulsar o botón de colgar repetidamente para evitar que esta se produza. Deste xeito a radio permanece activa para poder recibir/facer chamadas.


  • Podemos saber se unha Blackberry está liberada seguindo os seguintes pasos:Opcións, Opcións avanzadas, Tarxeta Sim e escribir MEPD ( os usuarios das series 71xx e 81xx deberán introducir MEPPD). Se tódalas entradas aparecen marcadas coma desconectadas, significará que o terminal está liberado.




  • Para escribir unha letra en maiúscula, tradicionalmente debemos premer a tecla shift + letra desexada. Un atallo é pulsar directamente a tecla durante uns segundos.

  • Podemos sacar fotos de xeito moito máis rápido se prememos o botón da cámara (lateral dereito do Blackberry) duas veces consecutivas.

lunes, 29 de agosto de 2011

Tipos de reset


En moitas ocasións os usuarios de Blackberry podemos escoitar termos coma soft reset ou hard reset... ¿sabemos a diferenza real entre eles? Se falamos de master reset ou double soft reset...seguro que máis de un xa estará completamente perdido.

  • Un hard reset(hardware reset) ou battery pull é un procedemento mediante o cal tódalas aplicacións quedan detidas e se produce un reinicio do dispositivo. Cando a Blackberry se volve a acender , tódolos programas están pechados evitando que algún quede residente e que se poidan quedar colgados. Xeralmente aplícase cando o terminal non responde correctamente, anda demasiado lento ou existen problemas de rede. Non se eliminan configuracións ou datos. O procedemento a seguir é o seguinte: extraer a batería, esperar 30 segundos e colocar de novo a batería.


  • Un soft reset (software reset) ten os mesmos resultados que o anterior pero a diferencia está en que non é necesario a extracción da batería. Non se eliminan configuracións ou datos. Está dispoñible para os terminais dotados de teclado físico QWERTY ou similar xa que require a pulsación dunha combinación de 3 teclas. Segundo RIM non se debe facer nos terminais dotados da tecnoloxía de pantalla táctil SureType ou SurePres, así coma nos terminais das series Pearl, Flip ou Storm. O procedemento é o seguinte : premer simultanemanete as teclas Alt+Shift dereito+Del (nalgúns modelos space ).




Existen aplicacións coma RestartMe , SoftReset ou quickpull que fan un softreset de forma automática sen necesidade de usar o teclado. En moitas ocasións ,dependendo da versión do sistema operativo ou do smartphone, o led pode quedar a palpebrar .A través dunha aplicación gratuíta chamada LedReset o led volve a funcionar correctamente.


  • Master reset: esta funcionalidade elimina tódalas aplicacións instaladas polo usuario e datos , volvendo a un estado de fábrica . O procedemento é o seguinte -dependendo da versión do OS pode lixeiramente variar ) : ir a opcións , opcións de seguridade, borrado de seguridade e seleccionar " Correos electrónicos, contactos " + "Aplicacións instaladas polo usuario"e escribir a palabra de seguridade : blackberry no espazo dispoñible. Tamén se pode facer vía Desktop Manager usando a opción eliminar datos.





  • Double soft reset : nalgúns foros especializados coma Crackberry fálase deste tipo de reset. Os resultados son os mesmos ca un hard ou soft e consiste en pulsar simultaneamente a combinación de Alt+Shift dereito+Del, o que producirá que a pantalla se quede en cor branca durante uns segundos .Cando a pantalla se restaure, inmediatamente repetir a combinación anterior Alt+Shift dereito+Del.

Info extraída en parte a través do boletín B-KB02141 (BlackBery Knowledge Base)