Mostrando entradas con la etiqueta Appworld. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Appworld. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Segredos no AppWorld



Fai pouco dende Mallando na Blackberry comentábamos a nova versión -3.1.0.56- do Blackberry AppWorld lanzada á beta zone.Ademais das novidades presentadas coma unha compatibilidade con redes Wi-Fi ou o sistema de regalos, unha serie de "ferramentas especiais" non foron reveladas por parte de RIM. ¿ A razón? ¡Quizais estaban a esperar que algún de nós as descubrísemos!

Estas "ferramentas" están orientadas teoricamente a facilitar a labor do servizo técnico no caso de se producir algunha incidencia no AppWorld.

  • ALT+SSS: se se produce un error durante o proceso de compra dunha aplicación no AppWorld, basta pulsar esta combinación de teclas para obter un ficheiro "log" e unha captura de pantalla do erro acontecido.Isto pode ser adxuntado nun correo electrónico para envialo ó servizo técnico de RIM.


  • ALT+LOG+LOG:Esta combinación produce un ficheiro de rexistro con información sobre o smartphone: localización, versión instalada de aplicación, data,hora ,operador de telefonía, modelo, PIN...


Neste vídeo pódese observar cómo acceder ás funcionalidades antes citadas:



Vía:MacBerry

lunes, 19 de diciembre de 2011

Blackberry AppWorld 3.1.0.56



Unha nova versión -3.1.0.56- do AppWorld recén cociñada do forno de RIM sae á luz na zona beta.As novidades máis salientables son:

  • regalo/pedido: ¡agora regalar unha aplicación a algún amigo é máis doado ca nunca! Basta con ingresar no Appworld e seleccionar a aplicación desexada e pulsar sobre "gifting".Do mesmo xeito, tamén será posible facer unha lista das aplicacións desexadas -"begging"-...por se algún se anima a mercarchas.
  • valoración de contidos: é posible valorar o nivel de madurez dunha aplicación do mesmo xeito ca no Android Market
  • soporte WiFi: agora poderase facer uso do AppWorld con ter dispoñibilidade dunha conexión WiFi
  • soporte de linguas:chino simplificado e tradicional, vietnamita e holandés son as novas linguas engadidas á aplicación
Máis información aquí

martes, 15 de noviembre de 2011

Igualdade de condicións


Son milleiros os usuarios de Blackberry en todo o mundo mais non todos teñen acceso a tódolos servizos dispoñibles. Sen máis, o Blackberry App World - o portal oficial que nos permite descargar novas aplicacións -non está dispoñible nalgúns países .Hoxe, tras moitos anos de espera, varios países africanos - Camerún, Costa de Marfil, Madagascar, Malawi, Mauricio, Mozambique, Uganda, República Democrática do Congo e Lesotho. - accederán por vez primeira ó AppWorld. ¡Benvidos!

viernes, 2 de septiembre de 2011

¿Blackberry AppWorld?




O AppWorld é para os usuarios dunha Blackberry o que o AndroidMarket para os de Android, é dicir, unha plataforma na rede a través da cal podemos buscar,actualizar,comprar, probar , engadir ou eliminar aplicacións para o noso dispositivo - aínda que non é a única opción de poder facelo - .

Unha das características destacábeis é que as aplicacións atópanse organizadas a varios niveis en forma de canais.
  • O primeiro nivel é o temático, que permite diferenciar a función de cada aplicación. Deste xeito existen canais de xogos, temas, navegación ou produtividade.
  • Cada canal pódese clasificar en función de parámetros coma aplicacións gratuítas, de pago, mellor valoradas ou novidades .
  • Cando descargamos unha aplicación, queda engadida ó canal "My World", deste xeito podemos xestionar ,valorar ou actualizar as aplicacións descargadas.
Na actualidade, o AppWorld está na versión 3 -aínda en probas- .Podedes baixalo na seguinte ligazón AppWorld.