Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de marzo de 2012

¡Mini teclado para BlackBerry PlayBook!

Os usuarios de Blackberry Playbook están de sorte pois un novo accesorio acaba de ser presentado: ¡un mini teclado QWERTY completo!

RIM volve a sorprender e para ben. Ademais do lixeiro peso e do seu coidado deseño - vai acompañado dunha estética funda- ,o teclado convértese nun accesorio moi poderoso para aumentar a produtividade ó combinar características adicionais coma as capacidades de rato e touchpad ou o recoñecemento de xestos.

O teclado dispón da súa propia batería de longa duración -ata 30 días- e emprega unha conexión micro-USB para se conectar directamente coa tablet.Cómpre destacar que a conexión coa Playbook realízase de xeito inalámbrico:Bluetooth combinado cun cifrado de 128 bits para nos garantir a seguridade da transmisión de información entre ambos dispositivos.

Se estades interesados, podedes atopar información detallada nesta web .Por certo, o prezo ronda os 92 €.





martes, 6 de marzo de 2012

Nova interface de Blackberry: alucinante!

Durante o MBC 2012 , Blackberry presentou o seu concepto de interface móbil do futuro. A auto-detección de outros terminais Blackberry sumado ó novo xeito de sincronización e transferencia de contidos multimedia entre eles, é simplemente espectacular.

Basta ver o vídeo para comprender que sobran as palabras. ¡As posibilidades son inagotables!





Vía :Xataka

viernes, 17 de febrero de 2012

Teclados en 3D en Blackberry OS 10


Nas últimas semanas, os rumores sobre o novo sistema operativo,Blackberry OS 10, non fan máis ca medrar.Hoxe, segundo o blogue americano N4BB ,RIM estaría a traballar nun novo tipo de teclado virtual en 3D, baseado na chamada "realimentación de vibración", unha tecnoloxía relacionada coa retro-alimentación háptica.

A empresa responsable do deseño sería TAT e se estaría empregando unha tecnoloxía moi semellante á de TAT Cascades.Para facermos unha idea, aquí unha pequena mostra desta tecnoloxía , a cal permite a integración da realidade aumentada nas aplicacións:



Á falla de máis datos que verifiquen ou desmintan este rumor, deixámosvos a imaxe da polémica, a cal deu pé a tódalas especulacións:




miércoles, 15 de febrero de 2012

Primeiras imaxes de Blackberry OS 10


As primeiras imaxes de terminais Blackberry correndo a nova versión do Blackberry OS -10.0- están circulando pola rede grazas ó blogue norteamericano crackberry. Segundo RIM, o novo sistema operativo está deseñado para aproveitar ao máximo a potencia dos terminais , ofrecendo funcionalidades avanzadas de multitarefa,xestión de memoria en tempo real ou aforro de batería dinámico.

De momento, o que está claro é que o aspecto gráfico foi totalmente re-deseñado.Do mesmo xeito que Android ou WindowsPhone, os widgets xogarán un papel importante na pantalla de inicio, brindándonos un acceso máis rápido e cómodo ás aplicacións máis empregadas.

Nesta outra imaxe, pódese observar a nova bandexa de entrada, a cal nos lembra bastante o deseño da aplicación análoga do PlayBook 2. Mención o feito de que os contactos de correo electrónico están completamente integrados na axenda, dun xeito similar ó que fai Android coa sincronización do caderno de direccións de GMail.


A última das imaxes filtradas mostra a pantalla de chamada: ás tradicionais opcións de altofalante e chamada, únense as posibilidades de videoconferencia ou de realizar anotacións no rexistro do contacto.



A falla de máis filtracións, o que está claro e que tralas polémicas xeradas coa sustitución do seu presidente executivo, RIM quere estar na boca de todo o mundo tecnolóxico, e nada mellor para conseguilo que con novidades coma esta.

martes, 14 de febrero de 2012

Blackberry Trade up: actualiza a túa Blackberry



¿Apetéceche renovar a túa Blackberry? Grazas ó programa Blackberry Trade up , poderás facerte cun dos últimos terminais de xeito totalmente gratuíto ou por moi poucos cartos.Entre os modelos dispoñíbeis atópanse terminais de "ultísima" novidade coma os 9360, 9380, 9900, 9792 ou 9780... aínda que a súa disposición varíará dependendo do país de orixe. De feito, este servizo atópase unicamente - e desgraciadamente- dispoñible nos seguintes : USA, Reino Unido, Canadá e Australia .

O proceso comeza seleccionando nunha listaxe o noso modelo e completando un cuestionario breve sobre as condicións nas que se atopa. A continuación , seleccionamos noutra listaxe a compañía telefónica e introducimos , no caso de ter, o código promocional pertinente. O precio de cada terminal dependerá de varios factores:
  • Modelo actual de Blackberry actual
  • Estado e condicións da Blackberry que posuímos
  • Cantidade de Blackberry actuais.
  • Compañía telefónica á que esteamos asociados
  • Códigos promocionais
  • Modelo de Blackberry que nos gustaría ter

Evidentemente as dúas primeiras condicións "caen de caixón" : non tódolos terminais están valorados do mesmo xeito e o estado de conservación do dispositivo é moi valorado (pantalla sen "rallóns", boa funcionalidade, teclado sen corrosión...) O seguinte ponto está referido ós usuarios que dispoñan de varios modelos : poderán obter un maior desconto nunha Blackberry específica ou obtar a máis dun terminal a renovar. Finalmente, dependendo da compañía telefónica á que esteamos asociados - por exemplo a compañía T-Mobile esta ofrecendo "cupóns" para a actualización de terminais dun xeito semellante - e da fidelidade , obteremos unha maior puntuación.

Fagamos un exemplo supoñendo que habitamos no Reino Unido: a miña Blackberry 8900 -en perfecto estado- e pertencente a Vodafone permitiríame actualizarme por aproximadamente 43 euros ó modelo 9900 - cuxo prezo en Vodafone España libre é de + de 400 € -

¿Para cando no resto de países europeos?







viernes, 10 de febrero de 2012

Blackberry 9780



A Blackberry 9780 é un deses smartphones que entran polos ollos. Xunto ó refinado deseño, agóchanse prestacións moi potentes, de feito, estamos ante un terminal de gama alta e orientado ó mundo executivo.

Cunha simple ollada, pódese dicir que este smartphone é unha "versión vitaminada" do modelo 9700. Concretamente o procesador, a memoria e a cámara sufriron a meirande parte das modificacións : 624 Mhz apoiados en 512 MB de memoria extensible e cámara de 5 MPx con flash LED ,son máis que suficientes para que o Blackberry OS 6.0 - incorporado de serie - se mova con fluidez. Segundo RIM, a pantalla HVGA de 2.44 polgadas é mellor - ou polo menos teoricamente - ca dos dispositivos predecesores, aínda que a resolución de 480×360 píxeles xa se empeza a quedar curta.

Como novidade no tocante á conectividade, cómpre mencionar que o soporte das redes 3G vén acompañado coa tecnoloxía Wi-Fi compatible con chamadas VoIP baixo a tecnoloxía UMA.





jueves, 9 de febrero de 2012

¿Zelda no AppWorld?




De seguro que este título provocou a máis dalgún un sorriso involuntario, e non é para menos xa que a saga Zelda é unha das máis populares e con máis seguidores do mundo dos videoxogos, e sigue estando de moda. Tal é o seu éxito que foi adaptado a moitas plataformas , dende as primeiras versións para as consolas portátiles, pasando pola N64 ,3DS e agora tamén para Blackberry.


Tal e como nos comenta o noso compañeiro Agos Reigosa ,o título atopouse dispoñible no App World ata fai unhas semanas aínda que pode que non nas mellores condicións : o feito de que non viñera da man de Nintendo senón por parte da firma GameVNS , se executase a través dun emulador e non contase con licenza oficial puideron ser factores que condicionasen a súa "supervivencia" no mercado de aplicacións de RIM.

¿Debería RIM considerar no AppWorld a existencia deste tipo de xogos - executados a través de emuladores-? Dende Mallando na Blackberry estamos completamente convencidos, aínda que a cambio fose necesario realizar a compra da aplicación, pois de seguro a máis dun nostálxico lle faría ilusión recordar os "vellos tempos" botando unha partida.

Polo de agora, tal e como comentamos fai algún tempo, segue sendo posible gozar destes clásicos dun xeito máis "extraoficial" ;)






miércoles, 8 de febrero de 2012

Blackberry DevCon : Amsterdam



Os eventos de Blackberry sempre son esperados e máis se se tratan dos DevCon -Developers Conference- pois neles é onde RIM acostuma a presentar algunha novidade ou liñas a seguir. De feito, nestes días estase a desenvolver o evento europeo en Amsterdam .

O novo CEO Thorsten Heins foi o encargado de realizar a presentación no día de onte: máis de 2000 asistentes procedentes de toda Europa, África e Oriente próximo aprenderán a aproveitar ó máximo as posibilidades da plataforma Blackberry e continuar a crear aplicacións de alta calidade non só para os famosos smartphone, senón que tamén para a tableta PlayBook.

O feito é que o PlayBook non conseguiu, a día de hoxe , atopar unha posición destacada no mercado das tablets. A falla dunha cantidade de aplicacións específicas ou dunha orientación adecuada cara o consumidor fixeron que o proxecto case remate en traxedia.

Consciente desta situación, o novo presidente executivo tomou cartas no asunto: o DevCon profundará na creación de aplicacións baseadas nas novas tecnoloxías HTML5 e C/C++ para espremer ó máximo tódalas posibilidades- tanto potenciais coma visuais- dos terminais.

Para fomentar esta visión, os asistentes recibirán unha tablet PlayBook para que poidan desenvolver máis e mellores aplicacións.Non nos esquezamos que tamén presentarase a folla de ruta para o tan esperado OS10.






martes, 7 de febrero de 2012

Test de resistencia das Blackberry




Grazas ó material publicado en Inside Blackberry Inside podemos observar como son feitos os test de resistencia que tódolos productos Blackberry deben superar para ofrecer ó usuario final a mellor calidade. Test de humidade, de presión ou eléctricos son algunhas das moitas probas a superar.






lunes, 6 de febrero de 2012

Blackberry 9360



Elegante, social e intelixente. Esas son as características coas que RIM define a un dos seus últimos lanzamentos. Dotado dun procesador Qualcomm a 800 Mhz e 512 MB de memoria, este terminal de gama media está orientado a un público preferentemente mozo.

Por esta razón a conectividade e a cámara adoitan unha especial atención: o Blackberry 9360 conta con conexión 3G HSPA ,Wi-Fi 802.11 b/g/n, Bluetooth e A-GPS, así como soporte integrado para NFC. Cámara de 5 Mpx con estabilizador de imaxes,detección de rostros e grabación de vídeo en alta definición completan as características máis salientables.

A pantalla de alta resolución LCD-TFT HVGA+ de 480x360 píxeles e o sistema operativo Blackberry OS 7 , bastan como para cumprir o obxetivo deste terminal: redes sociais e conectividade.

martes, 31 de enero de 2012

Conceptos para soñar

Blackberry e deseño son conceptos inseparábeis, ou polo menos así pensan moitos dos usuarios que se adican a crear novos modelos - conceptos - de terminais futuristas. A característica común a todos eles é a máis avanzada tecnoloxía cos que están dotados: Blackberry X/QNX, procesadores QuadCore, baterías de alta capacidade... Se ben algún deseño non non deixa de ser extravagante, hainos bastante convincentes. De momento son conceptos para soñar, nun futuro , quen sabe...

  • Blackberry Bold-X


  • Blackberry Xifos


  • Blackberry Knight


  • Blackberry Dreamy


  • Blackberry Future


  • Blackberry Spin Slider


  • Blackberry Pocket



Características e máis deseños poden ser atopados aquí

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Segredos no AppWorld



Fai pouco dende Mallando na Blackberry comentábamos a nova versión -3.1.0.56- do Blackberry AppWorld lanzada á beta zone.Ademais das novidades presentadas coma unha compatibilidade con redes Wi-Fi ou o sistema de regalos, unha serie de "ferramentas especiais" non foron reveladas por parte de RIM. ¿ A razón? ¡Quizais estaban a esperar que algún de nós as descubrísemos!

Estas "ferramentas" están orientadas teoricamente a facilitar a labor do servizo técnico no caso de se producir algunha incidencia no AppWorld.

  • ALT+SSS: se se produce un error durante o proceso de compra dunha aplicación no AppWorld, basta pulsar esta combinación de teclas para obter un ficheiro "log" e unha captura de pantalla do erro acontecido.Isto pode ser adxuntado nun correo electrónico para envialo ó servizo técnico de RIM.


  • ALT+LOG+LOG:Esta combinación produce un ficheiro de rexistro con información sobre o smartphone: localización, versión instalada de aplicación, data,hora ,operador de telefonía, modelo, PIN...


Neste vídeo pódese observar cómo acceder ás funcionalidades antes citadas:



Vía:MacBerry

martes, 20 de diciembre de 2011

PinShare: a nova moda


Xa está dispoñible no AppWorld de Blackberry a aplicación PinShare, destinada a cambiar o xeito de relacionarse na rede.

Esta aplicación é a primeira (e de momento única) que permite coñecer coñecer xente e ampliar o teu círculo de contactos a través da plataforma Blackberry.

O funcionamento está baseado en que cada terminal Blackberry está asociado de xeito exclusivo a un identificador chamado PIN, polo que a interacción con esta "rede social" realízase sincronizándose a través del, o que nos permite observar os diferentes perfiles de usuario. Basta seleccionar a opción "Connect" para conversar de xeito seguro. Unha vez conectado o chat lévase a cabo a través do BBM.



jueves, 15 de diciembre de 2011

Spam no Twitter!


Entre as cousas máis molestas á hora de navegar pola rede, o spam ocupa o primeiro posto . Non nos referimos unicamente ós tradicionais mensaxes de correo electrónico, senón que o auxe novas tecnoloxías e a evolución das redes sociais están a provocar que tamén nestes medios se popularicen os 'bots' en forma de usuarios . ¡Facebook, Twitter e compañía non están a salvo!




Non é extrano en Twitter atopar que fomos mencionados -pestana "@Mencións" - por unha persoa totalmente descoñecida.O mensaxe é simplemente un link acurtado que nos suxire visitar certa web....¡de publicidade!

A solución que propoñemos baséase en :

  • Bloquear a ese usuario
  • Empregar a opción de reportar abuso dende o cliente Twitter da nosa Blackberry

En efecto,a última versión de Twitter para Blackberry incorpora por vez primeira a opción de reporte de spam. Basta visualizar un perfil de spammer ,seleccionar dende o menú da Blackberry a opción de denuncia e confirmar.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Primeiras imaxes da Blackberry Milan e da Blackberry London



Os novos prototipos de Blackberry son tan cosmopolitas que foron bautizados cos nomes de dúas importantes capitais europeas.

Na imaxe superior podemos observar como a Blackberry London luce un aspecto bastante semellante -polo menos teoricamente- ó dun Samsung Galaxy S 2, polo que de seguro que hai máis dunha similitude con este terminal a nivel tecnolóxico.

De feito,algúns rumores apuntan a que este terminal albergaría un procesador de dobre núcleo a 1.5 Ghz e ata 1 GB de memoria RAM. A pantalla táctil cobrará especial importancia aínda que de momento nada se sabe sobre a súa resolución e tamaño. Cámaras de 8 e 2 Mpx (traseira, dianteira ) e un chipset NFC son outros dos poucos datos trascendidos.


Nesta outra imaxe podemos observar a Blackberry Milan. O único que podemos asegurar é que este modelo combinará o tradicional un teclado QWERTY deslizante - e vertical - e unha pantalla completamente táctil de resolución e tamaño lixeiramente inferior á pantalla do modelo London.

Seguimos á espera de máis novidades.



martes, 13 de diciembre de 2011

Blackberry X vs Blackberry 10



Outra denominación máis para a nova plataforma de RIM. Tal e como comentábamos fai algún tempo a plataforma QNX, evolucion do Blackberry OS, cambiaba a súa denominación oficial por BBX. Como xa intuíamos, a existencia de problemas legais non tardaría en chegar debido ó feito de que que BBX era unha marca rexistrada a nome da empresa BASICS International.

Como era de esperar , os xulgados non arbitraron a favor da empresa canadense, polo que foi necesario renomear - en realidade por terceira vez - todo o proxecto a Blackberry 10. Isto non afectará ó proceso de desenvolvemento, sen embargo , dende Mallando na Blackberry cremos que é un inoportuno e grave erro de seriedade para unha empresa do calibre de RIM.

De tódolos xeitos,non hai moita diferenza entre unha X e un 10 ¿verdade?




lunes, 12 de diciembre de 2011

Perigra o BBM en Indonesia


Indonesia está que ferve. A decisión de RIM de construír un novo servidor de datos en Singapur non sentou nada ben ao goberno indonesio.De feito, o Consello de Telecomunicacións deste país está ameazando con terminar cos servizos máis populares de RIM: o uso do Blackberry Messenger (BBM) e do Blackberry Internet Service (BIS).

A problemática ten a súa orixe no feito de que o novo servidor estará situado noutro país polo que as autoridades indonesias non poderán "controlar" adecuadamente os contidos ós que os usuarios acceden, comprometendo a seguridade no intercambio de datos cos usuarios.

¿Tratarase dunha manobra de presión á compañía canadense ? A esperar pois...


martes, 29 de noviembre de 2011

W-Fi Hotspot + Blackberry OS 7.1

A primeira actualización do Blackberry OS 7.1 acaba de aterrar.A versión 7.1.0.74 atópase polo momento dispoñible para o modelo Blackberry Bold 9900 e engade entre outras novidades, o soporte a Wi-Fi Hotspot, é dicir, a capacidade de compartir a conexión inalámbrica da túa Blackberry con outros dispositivos ó teu arredor - ata agora era posible facer unicamente un thetering inverso - .

Os interesados en probar esta actualización poden descargala aquí.





lunes, 28 de noviembre de 2011

Blackberry Music en España e Italia

BBM Music
¡Por fin! De seguro que máis de un usuario estaba desexando escoitar que o servizo de música de Blackberry - BBM Music- acaba de aterrar en España e Italia. De feito, dende hai dous días, era posible o acceso con total normalidade á nova versión da aplicación compatible con estes países.

Para aqueles que aínda non coñezan de que estamos a falar, BBM Music é un servizo social integrado no Blackberry Messenger que permite escoitar música - inclusive offline -, crear listas coas túas cancións favoritas e compartilas cos teus amigos. A música seleccionada polos teus contactos tamén estará dispoñible para ti, polo que ¡canto maior sexa o teu número de amigos máis música estará ó teu alcance!.

A aplicación é gratuíta e dispón dun mes de subscrición de demostración .Tras este tempo, para poder acceder a tódalas características, será necesario actualizarse á versión de pago (3.5 € mensuais).

Máis información pode ser atopada nas seguintes ligazóns : 1 , 2

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Blackberry Innovation Forum: o resultado

Durante o Blackberry Innovation Forum, celebrado ó longo destes días, tivemos oportunidade de contemplar algúns exemplos de aplicacións nativas para a nova versión do Blackberry PlayBook (2.0) .As seleccionadas foron un xestor de correo electrónico, unha axenda de contactos e un calendario.

Durante a demostración cómpre destacar dous puntos: a incrible fluidez con que foron executadas as aplicacións e os novos deseños ,en especial da axenda, baseada no xestor de contactos Gist.A presentación de aplicacións nativas de xeito oficial será aproximadamente o 17 de febreiro do vindeiro ano.