Mostrando entradas con la etiqueta Blackberry 8900. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Blackberry 8900. Mostrar todas las entradas
viernes, 14 de octubre de 2011
Sobre a caída do servizo BB
Recentemente unha inmensa maioría de usuarios de Blackberry - cerca de 70 millóns en todo o mundo - sufriron unha caída do servizo de mensaxería e correo durante aproximadamente 48horas. As causas nun comezo descoñecidas, apuntan a un erro nun conmutador -switch- no centro de datos británico de Slough.
A pesar de dispor dunha copia de respaldo teórica e funcionable, a realidade foi ben distinta: Latinoamérica,India, Oriente Medio ,Europa e África experimentaron erros parciais ou totais nas súas liñas e continuas recaídas dos servizos.
Para entender a magnitude do problema cómpre facer unha pequena reflexión:é ben sabido que a política de RIM está orientada á venda de servizos a unha cota de mercado ben delimitada - a pesar de que nos últimos anos esta cota se estendera cara un público máis novo ofertando terminais con prestacións se cadra inferiores- . Tamén é coñecido por todos que a compañía está a experimentar un retroceso debido en parte ós novos modelos equipados con Android e iOS , tecnicamente máis avanzados.¿Que é o que provoca que unha gran maioría dos usuarios de Blackberry non se migren ás outras plataformas? Precisamente iso, os servizos 'exlusivos' de conectividade en todo momento que brinda a compañía, aí a grande importancia da caída do servizo en boa parte do mundo.Desta vez,empregar os seus propios servidores para satisfacer a demanda de mensaxes de texto e correo electrónico foi o punto débil.
Mentres tanto, millóns de usuarios de Blackberry están a experimentar a través de Twitter e foros o seu enfado, especialmente pola escaseza de información oficial e pola lentitude á hora de reiniciar o servizo. De momento, a falla de máis información,as compañías telefónicas teñen a intención de compensar ós seus usuarios polas molestias ...
Etiquetas:
actualidade,
Blackberry 8900,
caída,
RIM,
servidor
miércoles, 7 de septiembre de 2011
¿Que Blackberry mercar? Blackberry Curve 8900

Redes soportadas : GSM/GPRS (850/900/1800/1900),EDGE (850/900/1800/1900)
Memoria:256 MB de memoria interna,ampliable con microSD ata 16 GB
Procesador:512Mhz
Sistema operativo base:5.0
Pantalla:480x360 de tipo TFT, capacidade de mostrar ata 65000 cores
Cámara:3.2MP, zoom de 2X , flash, autofocus, video
Conexións:WiFi, Bluetooth, Modem Anclado
Batería e cargador:Li-Ion de 1400 mAh con tempo de conversación de ata 5h:30 . MicroUSB
Teclado: QWERTY ,Trackball
Mensaxería: SMS, MMS, Email, Mensaxería instantánea
Formatos do reproductor admitidos:
- Formatos de vídeo: XviD (MPEG4 perfil simple avanzado), H.263, WMV3
- Formatos de audio: 3gp, WAV, MIDI, AMR-NB, G711u/A, GSM610, PCM, MP3, AAC/AAC+/eAAC+, WMA9/10 Standard/Pro
- Formatos de imaxe:bmp, jpg, png, tif, wbmp
Extras: GPS
Terminal similar ó 8520 aínda que incorpora melloras coma unha maior duración da batería, tamaño da pantalla ou GPS.A presenza de trackball na contra de trackpad ou a ausencia de 3G son puntos a ter en conta.
Etiquetas:
actualidade,
Blackberry 8900,
compras
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

