Mostrando entradas con la etiqueta hibridos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hibridos. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de septiembre de 2011

Sistemas operativos híbridos (2)

Na anterior entrega explicamos o que eran os sistemas operativos híbridos . Nesta veremos onde se conseguen e cómo se instalan.

En diferentes foros especializados coma zonablackberry ou blackberryos existen unha gran cantidade de versións oficiais e híbridas de moitos modelos de Blackberry para descargar de forma gratuíta. Seleccionaremos a última versión oficial do noso sistema operativo existente para o terminal (ex: Blackberry 8520 ) e a continuación un híbrido compatible co noso modelo (ex: WilliBoy Hibryd 6 para Blackberry 85xx)

Antes de nada recomendo facer unha copia de seguridade de tódolos datos do smartphone, non está de máis e pode axudar a recuperar datos do teléfono no caso de que se produza algún erro. Para iso , conectamos o Blackberry ó PC , iniciamos o Desktop Manager e seleccionamos "Copia de seguridade" .


A continuación escollemos o tipo de backup. A primeira opción fará un respaldo completo.


Instalamos a última versión oficial do noso sistema operativo:

Cando finalice facemos o mesmo co híbrido:

¡Ollo,non modifiques as rutas de instalación por defecto dos SO!


A continuación é recomendable facer un wipe, aínda que poderíamos saltarnos este paso.
Descargamos a aplicación BBSAK, conectamos (se non estaba anteriormente) o Blackberry ó PC, iniciamos o Desktop Manager e o BBSAK, onde faremos click en Connect.
Unha vez conectado,facemos click en Wipe Device:


Confirmamos...


E esperamos ata que finalice o proceso,sen desconectar nunca o teléfono


Esperamos a que o teléfono se acenda de novo sen tocalo nin desconectalo.Debería aparecer unha pantalla branca co texto "erro 507"

No BBAK seleccionamos Load OS

Abrirase o Load App de RIM :

Marcamos o noso PIN e seleccionamos as aplicacións a instalar


Tras varios reinicios xa teremos o noso sistema híbrido instalado, queda restaurar os datos salvagardados ó comezo co Desktop Manager

Na seguinte entrega os pros e contras e algún detalle de configuración básica

martes, 30 de agosto de 2011

Sistemas operativos híbridos (1)




A diferenza dos sistemas operativos oficiais, existen outro tipo de SO creados polos usuarios coa finalidade de mellorar diferentes aspectos coma a duración da batería,velocidade ou correxir bugs coma a fuga de memoria .

Todo sistema operativo de Blackberry está baseado nun conxunto de módulos denominados COD encargados de dotar de funcionalidades ó teléfono. Este tipo de sistemas son denominados híbridos porque están formados por unha mistura de varios arquivos COD procedentes de diferentes versións dos sistemas operativos oficiais. Resumindo , os mellores módulos de cada SO son escollidos para mellorar a calidade do conxunto.

Na seguinte entrega veremos os pros/contras e cómo se realiza a instalación.