Mostrando entradas con la etiqueta SO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de octubre de 2011

Androides en RIM

Está decidido. RIM acaba de adiantar información sobre como portar aplicacións de Android ó Blackberry PlayBook.O que durante moitos meses foi un rumor agora convértese en realidade. De feito, é posible ver un pequeno adianto nun vídeo colgado en "youtube" :


Espérase que durante a Developer Conference que terá lugar do 18-20 de outubro se explique de xeito detallado como portar aplicacións de Android mediante un proceso de firma e empaquetamento da aplicación e convertendo os arquivos .APK en .BAR, formato compatible con Playbook.

Outro acontecemento moi esperado e confirmado por Jim Balsillie, co-CEO de RIM , é a "presentación" da plataforma BBX ,nova versión do Blackberry OS que incluiría a QNX.


Vía: crackberry, crackberry2

miércoles, 5 de octubre de 2011

¿SO QNX 2.0?


Parece ser que en pouco poderemos gozar da nova versión - 2.0 - do sistema operativo QNX , ou polo menos dunha actualización importante. Como sabedes QNX é o SO do Playbook, o tablet de RIM, e está chamado a ser o candidato que revolucionará o panorama tecnolóxico ó mesturar a compatibilidade entre Blackberry e Android.

De feito sábese que os futuros terminais Blackberry incorporarán modificacións de QNX como sistema base , por iso algúns rumores afirman que a nova versión podería chamarse BBX - Blackberry X- .

Deberemos esperar ata a DevCon deste mes para saír de dúbidas.


Vía crackberry

jueves, 25 de agosto de 2011

Os sistemas operativos de RIM


RIM (Research In Motion), a empresa canadiense na que naceron os dispositivos Blackberry, sempre foi coñecida por producir Smartphones de gran calidade pero cun sistema operativo demasiado fragmentado.

Hoxe en día aínda é posíbel atopar sen dificultade terminais que empregan ata 8 versións diferentes do Blackberry OS : 4.2 , 4.3 , 4.5 , 4.6 ,4.7 , 5 , 6 , 6.1 e a última versión 7. Isto pode provocar problemas de compatibilidade con certas aplicacións , xa que só son válidas para unha determinada versión . Ademais, non tódolos terminais poden actualizarse coa última versión por compatibilidade de hardware.

Por exemplo os dispositivos " de serie " coa versión 6 serían :

  • BlackBerry Clamshell 9670
  • BlackBerry Bold Slider 9800
  • Blackberry Atlas 8980
  • BlackBerry Kepler 9300

mentres que os dispositivos que poderían ser actualizables dende a versión 5.0 á 6 serían unicamente :

  • BlackBerry Bold 9650
  • BlackBerry Pearl 9100/9105
  • BlackBerry Bold 9700
  • BlackBerry Storm 9520/9550

Espérase que neste ano coa chegada da nova plataforma QNX,- compatíbel con Android - se poña dunha vez fin a este problema.