Mostrando entradas con la etiqueta caída. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta caída. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de octubre de 2011

RIM recompensa ós usuarios de Blackberry

A multinacional canadense decidiu no día de hoxe compensar a tódolos usuarios de Blackberry que se viron afectados polo recente "apagón" dos servidores .Deste xeito , todo indica que se ofrecerá un bono de 100 $ (72 € ) para ser gastado en aplicacións e mediante o Blackberry App World .A promoción estará dispoñible nun período de catro semanas a partir do mércores 19 de outubro e ata o día 31 de decembro. Segundo informa o comunicado oficial, entre a selección de aplicacións "premium" dispoñibles para canxear estarían:

  • SIMS 3 - Electronic Arts
  • Bejeweled - Electronic Arts
  • N.O.V.A. - Gameloft
  • Texas Hold'em Poker 2 - Gameloft
  • Bubble Bash 2 - Gameloft
  • Photo Editor Ultimate - Aplicaciones de hielo frío
  • DriveSafe.ly Pro - iSpeech.org
  • iSpeech Translator Pro - iSpeech.org
  • Disco Safe.ly Empresa - iSpeech.org
  • Nobex Radio ™ Premium - Nobex
  • Shazam Encore - Shazam
  • Vlingo Plus: Asistente Virtual - Vlingo

Por outro lado, a empresa afirma que ofrecerá un mes de soporte técnico de balde a tódolos clientes que non tiveran contratado este servizo e unha ampliación tamén dun mes ós usuarios con contrato de asistencia técnica.

Por se aínda fose pouco, Mike Lazaridis, co-CEO de RIM volveu hoxe a agradecer a súa fidelidade a tódolos clientes de Blackberry, prometendo traballar para que non volva a suceder nun futuro unha situación semellante.

viernes, 14 de octubre de 2011

Sobre a caída do servizo BB




Recentemente unha inmensa maioría de usuarios de Blackberry - cerca de 70 millóns en todo o mundo - sufriron unha caída do servizo de mensaxería e correo durante aproximadamente 48horas. As causas nun comezo descoñecidas, apuntan a un erro nun conmutador -switch- no centro de datos británico de Slough.

A pesar de dispor dunha copia de respaldo teórica e funcionable, a realidade foi ben distinta: Latinoamérica,India, Oriente Medio ,Europa e África experimentaron erros parciais ou totais nas súas liñas e continuas recaídas dos servizos.

Para entender a magnitude do problema cómpre facer unha pequena reflexión:é ben sabido que a política de RIM está orientada á venda de servizos a unha cota de mercado ben delimitada - a pesar de que nos últimos anos esta cota se estendera cara un público máis novo ofertando terminais con prestacións se cadra inferiores- . Tamén é coñecido por todos que a compañía está a experimentar un retroceso debido en parte ós novos modelos equipados con Android e iOS , tecnicamente máis avanzados.¿Que é o que provoca que unha gran maioría dos usuarios de Blackberry non se migren ás outras plataformas? Precisamente iso, os servizos 'exlusivos' de conectividade en todo momento que brinda a compañía, aí a grande importancia da caída do servizo en boa parte do mundo.Desta vez,empregar os seus propios servidores para satisfacer a demanda de mensaxes de texto e correo electrónico foi o punto débil.

Mentres tanto, millóns de usuarios de Blackberry están a experimentar a través de Twitter e foros o seu enfado, especialmente pola escaseza de información oficial e pola lentitude á hora de reiniciar o servizo. De momento, a falla de máis información,as compañías telefónicas teñen a intención de compensar ós seus usuarios polas molestias ...