jueves, 25 de agosto de 2011

BBM Music: oficial



Como moitos estaban a esperar, o servizo de música de Blackberry - BBM Music - fíxose oficial no día de onte en Canada, Estados Unidos e Gran Bretaña en forma de beta. Espérase que a finais de ano chegue ó resto de países europeos coma España, Francia, Alemania ou Italia.

A suscripción non será de balde: a un custo aproximado de 3.5 euros mensuais poderemos crear a nosa libraría musical ata un total de 50 cancións favoritas , podendo acceder ás listas dos nosos amigos . Perfílase polo tanto coma un servizo social para compartir e descubrir música.

Ademais de estar baseado no aloxamento na nube , un modo offline permitirá ó acceso ás cancións sen acceso a Internet.

A limitación no número de cancións nas listas – un máximo de 25 poderanse modificar cada mes – e a inexistencia dunha versión libre diferenciada do modo social, tipo Spotify, poden ser factores en contra da expansión e popularidade desta interesante iniciativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario