jueves, 25 de agosto de 2011

Poderanse executar aplicacións de Android en BlackBerry


Os nosos compañeiros de Mallando no Android xa comentaran hai un tempo que se podían executar aplicacións na BlackBerry Playbook, aínda que de xeito pouco refinado. Mais agora falamos dunha cuestión oficial e completa: as BlackBerry que saian co sistema operativo QNX, sustituto do BlackBerry OS, poderán executar aplicacións de Android de xeito nativo (a Playbook xa dispón de QNX).

Isto abre todo un abano de posibilidades para BlackBerry, pois hai que ter en conta que o mercado de aplicacións de Android é moi amplo e variado, contando ademais con moitas aplicacións gratuítas, polo que as BlackBerry's serían aínda máis funcionais.

No caso específico da BlackBerry Playbook, que xa vén con QNX, precisa dunha actualización, xa que até o de agora non pode executar as aplicacións Android directamente. Previsibelmente RIM actualizará este dispositivo a finais de setembro para facelo compatíbel.

Que vos parece esta converxencia BlackBerry-Android? Credes que sería mellor que levasen camiños por separado?

No hay comentarios:

Publicar un comentario