viernes, 26 de agosto de 2011

Viigo, o todoterreno dos RSS


Existen moitas aplicacións que permiten a lectura de feeds dende a Blackberry (BBrss , mReader, Freerange ...) sen embargo poucas son tan completas como Viigo, considerada por moitos como unha das aplicacións imprescindibles.

Viigo está baseado nun conxunto de módulos personalizables, de tal xeito que cada usuario pode escoller a temática que lle resulte máis interesante. A última versión ofrece as seguintes posibilidades:


  • Noticias e RSS : nun clic todo o acceso a noticias e blogues
  • Tempo : permite coñecer o estado do tempo na túa cidade
  • Deportes: actualizacións de eventos en vivo, horarios , resultados...
  • Negocios e finanzas : permite manexar e consultar as túas accións na Bolsa
  • Podcasts: buscar,descargar e escoitar podcasts será agora aínda máis doado!!
  • Intereses Locais: consulta do tráfico, reservar nun restaurante...
  • Shopping: agora as compras pódese realizar tamén dende o teu Blackberry
  • Redes Sociais : integración con Twitter e outras redes sociais directamente
  • Tempo de lecer : non hai excusa para non ir ó cine, toda a carteleira a un clic
  • Viaxes : consulta e planifica a túa viaxe en avión
  • Política: a campaña electoral ó teu alcance :resultados, estadísticas....


Actualmente a empresa creadora desta aplicación está a formar parte do grupo empresarial de RIM , polo que actualizacións, melloras e soporte técnico están garantidas para moito tempo ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario