O proceso comeza seleccionando nunha listaxe o noso modelo e completando un cuestionario breve sobre as condicións nas que se atopa. A continuación , seleccionamos noutra listaxe a compañía telefónica e introducimos , no caso de ter, o código promocional pertinente. O precio de cada terminal dependerá de varios factores:
- Modelo actual de Blackberry actual
- Estado e condicións da Blackberry que posuímos
- Cantidade de Blackberry actuais.
- Compañía telefónica á que esteamos asociados
- Códigos promocionais
- Modelo de Blackberry que nos gustaría ter
Evidentemente as dúas primeiras condicións "caen de caixón" : non tódolos terminais están valorados do mesmo xeito e o estado de conservación do dispositivo é moi valorado (pantalla sen "rallóns", boa funcionalidade, teclado sen corrosión...) O seguinte ponto está referido ós usuarios que dispoñan de varios modelos : poderán obter un maior desconto nunha Blackberry específica ou obtar a máis dun terminal a renovar. Finalmente, dependendo da compañía telefónica á que esteamos asociados - por exemplo a compañía T-Mobile esta ofrecendo "cupóns" para a actualización de terminais dun xeito semellante - e da fidelidade , obteremos unha maior puntuación.
Fagamos un exemplo supoñendo que habitamos no Reino Unido: a miña Blackberry 8900 -en perfecto estado- e pertencente a Vodafone permitiríame actualizarme por aproximadamente 43 euros ó modelo 9900 - cuxo prezo en Vodafone España libre é de + de 400 € -
¿Para cando no resto de países europeos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario