Seguro que en máis dunha ocasión esqueciches onde tiñas aparcado o teu coche, dende agora grazas a CarFinder non volverá a suceder.
CarFinder é unha aplicación gratuíta que permite localizar ó noso vehículo a través dun sistema GPS.O funcionamento é intuitivo: na pantalla principal podemos escoller entre:
- Establecer Posición:fixamos a posición onde está o vehículo
- Buscar Posición: recuperamos a posición do vehículo
O compás permitiranos chegar á posición onde o vehículo foi aparcado facendo uso dunha frecha e indicando a distancia lineal entre a posición GPS actual e a posición GPS gardada.
A representación das coordenadas realízase co BBMaps: nun mapa obteremos un punto coa localización do coche e outro coa nosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario