Nesta ocasión, aprenderemos como sacar -aínda máis- partido á nosa Blackberry: converteremos o teclado da Blackberry nun teclado inalámbrico para o PC.
Controlar as presentacións do PowerPoint, o volume dun vídeo no Windows Media Player ou simplemente navegar pola rede no noso ordenador a través do Blackberry será dende agora posible grazas a bluCTRL.
En primeiro lugar debemos descargar a aplicación cliente, a cal instalaremos na Blackberry.
A continuación faremos o mesmo coa aplicación servidor, que instalaremos no PC - compatibilidade comprobada con Windows XP SP2 ou Windows Vista - . Tamén será necesario ter un receptor de Bluetooth no noso ordenador -prezo non superior a 10 € - co cal faremos a vinculación inalámbrica.
Para vincular ambos dispositivos temos que activar a conexión Bluetooth na Blackberry e de seguido facer clic na esquina inferior dereita da barra de tarefas do Windows e seleccionar a opción de engadir controlador:
Agora o programa detectará á nosa Blackberry e procederá a vincular:
No hay comentarios:
Publicar un comentario