domingo, 30 de septiembre de 2012
Instalando aplicacións na Playbook: sideloading (II)
Requisitos:
- PC+navegador Chrome*+extensión Playbook AppManager
- WiFi
- Aplicación a instalar (con extensión ".bar" )
¿Non tes un cable USB a man? ¿Necesitas descargar de novo o Desktop Manager? ¡Agora poderemos facer sideloading á nosa Playbook empregando unicamente o noso navegador e unha extensión chamada Playbook AppManager!
Recomendamos o navegador Google Chrome para efectuar esta operación, aínda que segundo comenta o autor da extensión, Firefox sería tamén compatible.
Tras ter instalado a extensión e unha vez que a tablet esté configurada en "modo desenvolvemento" procedemos a executala facendo click no navegador en preferencias->extensións->Playbook AppManager ->opcións.
A continuación, introducimos a dirección IP proporcionada pola tablet e a password:
Agora seleccionamos as aplicacións con extensión ".bar" que queremos instalar e marcamos "Install Apps"
Observamos como a aplicación estase a cargar na Playbook...
e ¡xa está!, ¡no escritorio da tablet aparecerán as aplicacións listas para ser empregadas!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario