Requisitos:
- PC+Windows+Blackberry Desktop Manager (DM)
- Cable USB
- Java Runtime Environment (JRE)
- DDBB
- Aplicación a instalar (con extensión ".bar" )
En primeiro lugar, debemos activar o "modo de desenvolvemento" na Playbook accionando o interruptor que se atopa no menú de configuración -> seguridade -> modo de desenvolvemento.
Inmediatamente e como medida de seguridade, solicitarase a introdución dun contrasinal.É moi importante recordalo, xa que o empregaremos máis adiante.
A continuación, se volvemos á pantalla do escritorio, observaremos como na parte superior dereita aparece unha nova notificación informado da dirección IP asociada ó dispositivo no modo de desenvolvemento (neste exemplo é 192.168.10.151)
Tras ter instalado tódolos programas anteriores, conectamos a nosa tablet ó PC a través do cable USB e executamos o Desktop Manager.Tras uns intres, a icona correspondente á Blackberry Playbook aparecerá na pantalla principal. Isto indica que o dispositivo é recoñecido de xeito correcto polo sistema operativo
Sen pechar o DM, executamos o DDBB. Podemos comprobar como na parte esquerda aparecen diferentes campos baleiros relativos á dirección IP, contrasinal, versión do sistema operativo interno e PIN .
Engadimos co menú "Add" as aplicacións que queremos instalar (deben ter a extensión ".bar" ). Segundos despois e tras premer "Install" ¡as aplicacións aparecerán no escritorio da nosa tablet preferida!
* ¿De onde consigo as aplicacións coa extensión ".bar" ?
- Existen moitas páxinas que almacenan estas aplicacións.
* ¿Por que algunhas destas aplicacións non están no AppWorld?
- Practicamente a totalidade de aplicacións portadas de Android non se atopan no AppWorld debido á política interna de RIM.Outras aplicacións nativas, non superaron os filtros para ser aloxadas ou ben son versións de proba que os programadores colgan das súas webs.
* ¿As aplicacións con esa extensión son nativas para a Playbook?
- A Playbook só funciona con aplicacións de extensión ".bar".Agora ben, tanto as aplicacións nativas coma as portadas terán esa extensión.
* ¿Como instalo aplicacións de Android?
- A Blackberry Playbook emprega aplicacións con extensión ".bar", mentres que os sistemas con Android empregan aplicacións con extensión ".apk". Existen procedementos para converter as aplicacións de Android a formatos compatíbeis coa Playbook aínda que se precisan coñecementos avanzados de programación. Sen embargo, ¡existen webs nas que podemos descargar directamente os ficheiros convertidos e preparados para a instalación!
* ¿É legal facer este tipo de instalación?
- Si, ¡sempre que non instalemos aplicacións de pago piratas!.A meirande parte das aplicacións dispoñíbeis son de balde, aínda que de vez en cando podemos atopar versións de pago crackeadas.
* ¿É perigoso?¿Podo perder a garantía oficial?
- Non se ten constancia de tablets inoperativas por facer sideloading.De tódolos xeitos,RIM non recomenda empregar instalacións non oficiais, gardando o dereito a romper a garantía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario