miércoles, 5 de septiembre de 2012

A problemática das aplicacións:Blackberry e Playbook




"A Playbook non ten aplicacións". Esta é a principal queixa da meirande parte dos usuarios da tablet de RIM. A "escaseza" de aplicacións dispoñibles no AppWorld respecto ós competidores baseados en sistemas Android e iOS xunto á imposibilidade - polo menos teórica- de cargar novos contidos OTA (over the air) son dúas importantes eivas que impiden que novos compradores se decanten por esta opción.


Pero non todo son números. Ben é certo que o Android Market dispón neste momento de aproximadamente 530000 apps, e que o AppStore de Apple xa superou as 450000, cifras non comparábeis coas case 100000 do AppWorld de Blackberry.O principal problema é que só un 25% destas aplicacións están deseñadas para funcionar de forma específica coa Playbook, é dicir, practicamente  o 75% das aplicacións do market da Blackberry ou son "ports" de Android ou ben son nativas - e non compatibles- dos smartphone Blackberry.

Outro aspecto interesante, é o número total de aplicacións totalmente gratuítas: un 65% das aplicacións presentes no market de Android son de balde, e dentro das de pago, a meirande parte están a prezos inferiores ós 3€. Un porcentaxe próximo o 40% son de balde no AppStore e finalmente,unha cuarta parte do total, no AppWorld. Agora ben, estas cifras están baseadas no número total de aplicacións de cada market, polo que habería que facer contas para obter resultados comparativos fiables entre as 3 plataformas.

¿Cal é a importancia da existencia de aplicacións de balde? Moita, pois practicamente a totalidade dos novos usuarios dunha plaforma non se decantan inicialmente por aplicacións de pago se existen alternativas gratuítas ou ata que adquiren certa experiencia,amen dos recios a empregar a tarxeta de crédito neste tipo de compra, se ben sempre depende en parte do sector laboral ó que pertenza o usuario.De feito, un estudo realizado por IHS Screen Digest en febreiro de 2011, mostra que o AppWorld segue sendo a tenda online de aplicacións máis rentable, xa que un número moi importante de usuarios de BB son de carácter empresarial e están dispostos a pagar por aplicacións "profesionais" que lles permitan continuar co seu traballo nos seus dispositivos.

 


A conclusión á que debemos chegar é que a supervivencia de calquera plataforma está ligada á cantidade / calidade das súas aplicacións,polo que o futuro inmediato e o éxito de Blackberry dependerá na medida en que os desarrolladores sexan capaces de seguir deseñando novas aplicacións de calidade que segan convencendo ós clientes .
















No hay comentarios:

Publicar un comentario