lunes, 7 de noviembre de 2011
Blackberry Porsche 9981
Case dous meses atrás, mostrabamos as imaxes dun peculiar modelo de Blackberry, de feito, a chamamos "a fea"... nada máis lonxe da realidade, pois a Blackberry Porsche Design P'9981 acaba de ser presentada.
Un segredo de deseño, isto é o adxectivo co que a prestixiosa firma automobilística Porsche define ó seu novo"fillo". A Blackberry Porsche trátase dun teléfono de luxo, cun deseño innovador e diferenciado,realizado con materiais de primeira calidade como coiro ou aceiro inoxidable. E cando dicimos de luxo, non só nos referimos ó exterior, pois as especificacións técnicas foron tamén coidadas ó máximo.
O corazón do terminal está formado por un procesador Qualcomm Snapdragon MSM8255 a 1.2Ghz e por unha memoria RAM de 768 MB.A memoria interna de 8GB é máis que suficiente para almacenar centos de fotos e vídeos procedentes da cámara de 5 Mpx con capacidade de grabación en alta definición -720p-.
O tradicional teclado QWERTY é complementado cunha pantalla LCD capacitiva -táctil- de 2.8 polgadas de diagonal e resolución de 640×480 píxeles.A calidade da imaxe é tal que a tecnoloxía empregada foi bautizada dende RIM como Liquid Graphics.
O software non ía a ser menos: o sistema operativo Blackberry 7 - con interface personalizada por Porsche -encargarase de sacar partido ás últimas tecnoloxías de realidade aumentada, navegación- GPS tradicional e compás dixital - e soporte para NFC.
A edición limitada Blackberry Porsche estará dispoñible a finais deste ano e cun prezo aproximado de 2000 $ (1450 € ).
Etiquetas:
actualidade,
curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario