- No día de onte viu a luz a nova versión 3.0.1.28 do Blackberry App World na Beta Zone.Segundo algúns comentarios, trataríase dunha versión de mantemento e con poucas novidades.
Parece ser que finalmente e tras varios atrasos o próximo 6 de novembro, os modelos Blackberry Bold 9900 e BlackBerry Torch 9860 poderían poñerse á venda nos Estados Unidos.O prezo aproximado dos terminais - 2 anos de contrato coa empresa AT&T - será de 199 dólares para a Bold e 99 dólares para a Torch. En Europa de momento, seguimos esperando.
¿BB Messenger en Android? As imáxenes filtradas indican que unha versión portada a este sistema operativo estase preparando.RIM nin confirma nin desminte.
- Hai uns días RIM anunciou na inauguración da DevCon a presentación da plataforma BBX como sistema a empregar nos terminais futuros. Sen embargo BBX é unha marca rexistrada pola empresa BASICS International, polo que os representantes xurídicos de RIM están a traballar para solucionar este problema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario