
Con contagotas vaise obtendo información deste novo terminal, segundo algúns especialistas como o mellor Blackberry ata agora fabricado - co permiso do BlackBerry "Colt" - ¿será suficiente para facer fronte ós novos modelos da competencia?
Dotado de teclado QWERTY e pantalla táctil de precisión , incorpora o novo Blackberry OS 7.0 movido con fluidez grazas a un procesador de 1.2 Ghz e cunha memoria de ata 8 GB.
Novidades como compatibilidade con aplicacións de realidade aumentada - Wikitude, Poynt , foursquare...- ou NFC combínanse coas renovadas versións dos tradicionais BBM ou Facebook.
Unha cámara de 5MP e capacidade de grabación de vídeo a alta definición (720p) completan o terminal.
De momento déixovos este vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario