sábado, 3 de septiembre de 2011
puZZed ,a alarma definitiva
¿Cantas veces quedamos a durmir na contra de erguernos co espertador? Agora coa túa Blackberry e con puZZed, iso será cousa pasada.
Esta aplicación , que a simple vista aseméllase ó clásico espertador, dispón dunha característica especial chamada "xogo" , que é o que nos fará espertar se non queremos volvernos tolos co ton de timbre.
Tras programar o día da semana e a hora, procederemos a seleccionar entre os xogos dispoñíbeis - pódense mercar máis - na versión gratuíta: "math game" (xogo de matemáticas) ou "typing game" (xogo de ditado) . O primeiro consiste nun conxunto de operacións matemáticas que deberemos resolver mentalmente para apagar a alarma, mentres que o segundo trata de escribir un texto nun tempo determinado.
A diversión e o espertar están asegurados. A ligazón de descarga puzzed
Etiquetas:
Aplicacions,
app,
espertador,
puzzed
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario