Nesta última entrega explicaremos as principais vantaxes/desvantaxes do uso dun sistema operativo híbrido e a configuración básica.
Vantaxes:
- permite optimizar as prestacións do smartphone como as fugas de memoria e batería ou os tempos de inicio/apagado
- todo o mundo pode colaborar na creación dun híbrido formando parte de grupos de traballo
- erros coma o fixSOS son solucionados sen empregar aplicacións de terceiros
- podemos incorporar aplicacións a prior non deseñadas para o noso terminal e novas versións delas
- maior personalización (temas, aplicacións...)
- permite coñecer mellor o funcionamento do noso terminal ó traballar directamente con arquivos COD e de configuración
- Un usuario con mala intención podería modificar un sistema operativo híbrido para obter información
- Non sempre se consegue a estabilidade desexada (erros en aplicacións e reinicios inesperados ...)
- O Blackberry no peor dos casos podería non chegar a iniciarse (nuked so)
- Soporte e actualizacións non están garantidas. Non existe soporte oficial
A configuración básica realízase do mesmo xeito ca un sistema operativo oficial.Basta con premer no "asistente de configuración" no menú configuración e seguir as recomendacións paso a paso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario