O AppWorld é para os usuarios dunha Blackberry o que o AndroidMarket para os de Android, é dicir, unha plataforma na rede a través da cal podemos buscar,actualizar,comprar, probar , engadir ou eliminar aplicacións para o noso dispositivo - aínda que non é a única opción de poder facelo - .
Unha das características destacábeis é que as aplicacións atópanse organizadas a varios niveis en forma de canais.
- O primeiro nivel é o temático, que permite diferenciar a función de cada aplicación. Deste xeito existen canais de xogos, temas, navegación ou produtividade.
- Cada canal pódese clasificar en función de parámetros coma aplicacións gratuítas, de pago, mellor valoradas ou novidades .
- Cando descargamos unha aplicación, queda engadida ó canal "My World", deste xeito podemos xestionar ,valorar ou actualizar as aplicacións descargadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario