viernes, 2 de septiembre de 2011

Aumentar a vida da batería

O peor que lle pode acontecer a un smartphone - co permiso de non ter cobertura - é ...¡esgotar a batería! . Unha serie de recomendacións sinxelas serán suficientes para espremer a batería dos nosos Blackberry.
  • Desactivar a wifi cando non se estea a empregar. O uso dunha tarifa de datos coa wifi activada supón un consumo de batería enorme.

  • Reducir a retro-iluminación da pantalla. O valor predeterminado é 70% o que fai que a pantalla se vexa perfectamente pero a costa de diminuír a duración da batería. Un valor dun 25 % é suficiente.(Opcións, Pantalla)

  • Desactivar o Bluetooth cando non estea en uso é unha medida que aumenta a duración da batería.

  • Modificar o tempo de refresco de aplicacións que requiran de acceso á rede coma Twitter ou Gmail.


  • Desactivar o led . Aplicacións coma BerryBuzz permiten asignar a cada contacto da axenda ou do mail unha cor de led, deste xeito poderemos saber con solo ver a cor quen nos está a chamar.Tamén desactivar o indicador de cobertura led pode ser útil.

  • As aplicacións en segundo plano (background) que non están a ser empregadas supoñen consumo de batería.

  • Auto on/off .Podemos configurar o noso Blackberry para que se acende e apague a horas determinadas. (Opcións, Encendido/Apagado automático)

  • Aplicacións coma AutoStandby permiten que o smartphone entre nun estado de repouso ou "suspensión" similar ó dos PC, aforrando batería.

  • Desactivar os datos ou modificar o tipo de rede en zonas de baixa cobertura pode supoñer un grande aforro.


  • Reducir o tempo de espera da retro-iluminación a un valor inferior (20s) é outra das medidas de aforro. (Opcións, Pantalla)


  • O GPS se non está a ser empregado consume moita batería, desactívao. (Opcións,opcións avanzadas,configuración de localización)

  • Desactivar o ton das teclas (Opcións,pantalla/teclado,ton das teclas)

  • Aplicacións coma BatterySaver ou BatteryBooster permiten configurar algúns dos parámetros xa vistos de forma automática e modificar outros.





  • Desactivar a vibración ou baixar o volume dos tons de chamadas son outras medidas que poden axudar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario