lunes, 29 de agosto de 2011

¿Wipe ?


A continuación tomo a liberdade de traducir do inglés a cita de Kevin Michaluk, blogueiro de Crackberry :

" En ocasións unha aplicación pode causar conflitos co Sistema Operativo (SO) do noso dispositivo Blackberry, o que pode dar lugar a unha variedade de erros e no peor dos casos o que se deu en chamar “The Hour Glass of Doom” en ingles, ou o Reloxo da morte. O equipo entra nunha secuencia de reinicio permanente, mostrando unha e outra vez o reloxo de inicio sen poder arrancar. Mentres o equipo estea nesta situación é difícil executar o cargador de aplicacións (App Loader) do Desktop Manager (DM) xa que o dispositivo non permanece aceso o tempo suficiente para que o DM o recoñeza: acéndese e apágase en ciclos de 2 segundos. Retirar a batería do dispositivo tampouco soluciona problema, o equipo está nunha espiral irrecuperable e é necesario reinstalar o SO. Aínda que proceso de Actualización, Upgrade e/ou Downgrade do SO é relativamente sinxelo, facelo podería invalidar a garantía do equipo. Levar o equipo nesta situación ó servizo técnico é a solución máis común aínda que para aqueles que non queiran esperar ou depender da dispoñibilidade do servizo técnico, existe outra opción..."


Esta opción chámase wipe e permitirá eliminar tódalas aplicacións e datos do noso Blackberry ,incluído o propio sistema operativo. Se temos curiosidade por instalar sistemas operativos non oficiais, híbridos ou betas será necesario facer un wipe xa que permite facer unha instalación limpa do sistema operativo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario