En moitas ocasións os usuarios de Blackberry podemos escoitar termos coma soft reset ou hard reset... ¿sabemos a diferenza real entre eles? Se falamos de master reset ou double soft reset...seguro que máis de un xa estará completamente perdido.
- Un hard reset(hardware reset) ou battery pull é un procedemento mediante o cal tódalas aplicacións quedan detidas e se produce un reinicio do dispositivo. Cando a Blackberry se volve a acender , tódolos programas están pechados evitando que algún quede residente e que se poidan quedar colgados. Xeralmente aplícase cando o terminal non responde correctamente, anda demasiado lento ou existen problemas de rede. Non se eliminan configuracións ou datos. O procedemento a seguir é o seguinte: extraer a batería, esperar 30 segundos e colocar de novo a batería.
- Un soft reset (software reset) ten os mesmos resultados que o anterior pero a diferencia está en que non é necesario a extracción da batería. Non se eliminan configuracións ou datos. Está dispoñible para os terminais dotados de teclado físico QWERTY ou similar xa que require a pulsación dunha combinación de 3 teclas. Segundo RIM non se debe facer nos terminais dotados da tecnoloxía de pantalla táctil SureType ou SurePres, así coma nos terminais das series Pearl, Flip ou Storm. O procedemento é o seguinte : premer simultanemanete as teclas Alt+Shift dereito+Del (nalgúns modelos space ).
Existen aplicacións coma RestartMe , SoftReset ou quickpull que fan un softreset de forma automática sen necesidade de usar o teclado. En moitas ocasións ,dependendo da versión do sistema operativo ou do smartphone, o led pode quedar a palpebrar .A través dunha aplicación gratuíta chamada LedReset o led volve a funcionar correctamente.
- Master reset: esta funcionalidade elimina tódalas aplicacións instaladas polo usuario e datos , volvendo a un estado de fábrica . O procedemento é o seguinte -dependendo da versión do OS pode lixeiramente variar ) : ir a opcións , opcións de seguridade, borrado de seguridade e seleccionar " Correos electrónicos, contactos " + "Aplicacións instaladas polo usuario"e escribir a palabra de seguridade : blackberry no espazo dispoñible. Tamén se pode facer vía Desktop Manager usando a opción eliminar datos.
- Double soft reset : nalgúns foros especializados coma Crackberry fálase deste tipo de reset. Os resultados son os mesmos ca un hard ou soft e consiste en pulsar simultaneamente a combinación de Alt+Shift dereito+Del, o que producirá que a pantalla se quede en cor branca durante uns segundos .Cando a pantalla se restaure, inmediatamente repetir a combinación anterior Alt+Shift dereito+Del.
Info extraída en parte a través do boletín B-KB02141 (BlackBery Knowledge Base)
No hay comentarios:
Publicar un comentario