martes, 30 de agosto de 2011

Aterrizaxe da Blackberry Torch 9860


Seguindo coa gama de terminais táctiles Torch, RIM ven de presentar o seu último terminal, o Blackberry 9860 da man de Movistar. Segundo movilzona estará dispoñible dende 79 euros no seu catálogo a partir do 1 de setembro para novas altas, portabilidades e a través do programa de puntos.

A pantalla táctil de 3.7 polgadas cunha resolución WVGA (800x480) é ata agora a máis grande usada por Blackberry nos seus terminais . O corazón do smartphone está formado por un procesador Qualcomm 8655 a 1.2 GHz con 768 MB de RAM e memoria interna de 4 GB (ampliable con microSD ata 32Gb )

A interacción coas redes sociais será un punto forte deste terminal. Dende a propia cámara de 5 MP (dotada de flash) poderemos subir as nosas fotos directamente a Facebook ou os vídeos grabados en alta resolución (720p) .

O compás dixital ou magnetómetro xunto ó GPS garanten o uso das novas aplicacións de realidade aumentada a través do navegador Wikitude.

O Blackberry OS 7.0 será o encargado de que todo se execute con fluidez





No hay comentarios:

Publicar un comentario