viernes, 14 de octubre de 2011

Sobre a caída do servizo BB




Recentemente unha inmensa maioría de usuarios de Blackberry - cerca de 70 millóns en todo o mundo - sufriron unha caída do servizo de mensaxería e correo durante aproximadamente 48horas. As causas nun comezo descoñecidas, apuntan a un erro nun conmutador -switch- no centro de datos británico de Slough.

A pesar de dispor dunha copia de respaldo teórica e funcionable, a realidade foi ben distinta: Latinoamérica,India, Oriente Medio ,Europa e África experimentaron erros parciais ou totais nas súas liñas e continuas recaídas dos servizos.

Para entender a magnitude do problema cómpre facer unha pequena reflexión:é ben sabido que a política de RIM está orientada á venda de servizos a unha cota de mercado ben delimitada - a pesar de que nos últimos anos esta cota se estendera cara un público máis novo ofertando terminais con prestacións se cadra inferiores- . Tamén é coñecido por todos que a compañía está a experimentar un retroceso debido en parte ós novos modelos equipados con Android e iOS , tecnicamente máis avanzados.¿Que é o que provoca que unha gran maioría dos usuarios de Blackberry non se migren ás outras plataformas? Precisamente iso, os servizos 'exlusivos' de conectividade en todo momento que brinda a compañía, aí a grande importancia da caída do servizo en boa parte do mundo.Desta vez,empregar os seus propios servidores para satisfacer a demanda de mensaxes de texto e correo electrónico foi o punto débil.

Mentres tanto, millóns de usuarios de Blackberry están a experimentar a través de Twitter e foros o seu enfado, especialmente pola escaseza de información oficial e pola lentitude á hora de reiniciar o servizo. De momento, a falla de máis información,as compañías telefónicas teñen a intención de compensar ós seus usuarios polas molestias ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario