A multinacional canadense decidiu no día de hoxe compensar a tódolos usuarios de Blackberry que se viron afectados polo recente "apagón" dos servidores .Deste xeito , todo indica que se ofrecerá un bono de 100 $ (72 € ) para ser gastado en aplicacións e mediante o Blackberry App World .A promoción estará dispoñible nun período de catro semanas a partir do mércores 19 de outubro e ata o día 31 de decembro. Segundo informa o comunicado oficial, entre a selección de aplicacións "premium" dispoñibles para canxear estarían:- SIMS 3 - Electronic Arts
- Bejeweled - Electronic Arts
- N.O.V.A. - Gameloft
- Texas Hold'em Poker 2 - Gameloft
- Bubble Bash 2 - Gameloft
- Photo Editor Ultimate - Aplicaciones de hielo frío
- DriveSafe.ly Pro - iSpeech.org
- iSpeech Translator Pro - iSpeech.org
- Disco Safe.ly Empresa - iSpeech.org
- Nobex Radio ™ Premium - Nobex
- Shazam Encore - Shazam
- Vlingo Plus: Asistente Virtual - Vlingo
Por outro lado, a empresa afirma que ofrecerá un mes de soporte técnico de balde a tódolos clientes que non tiveran contratado este servizo e unha ampliación tamén dun mes ós usuarios con contrato de asistencia técnica.
Por se aínda fose pouco, Mike Lazaridis, co-CEO de RIM volveu hoxe a agradecer a súa fidelidade a tódolos clientes de Blackberry, prometendo traballar para que non volva a suceder nun futuro unha situación semellante.

No hay comentarios:
Publicar un comentario