lunes, 21 de noviembre de 2011

Novidades Varias

  • Blackberry Desktop Manager para Mac foi actualizado á versión 2.2.0.1. Esta actualización engade soporte para os novos terminais Blackberry 9380 e 9790 dende a versión anterior ( v.2.2.0.17)

  • O servizo Blackberry Music atópase accesible dende UK e México. Lanzado inicialmente en Canadá ,Australia e USA fai algún tempo, comeza a extenderse polo resto de países . ¿Demasiado longa a espera? Servizos de música en streaming coma Spotify estanse a converter en alternativas moi poderosas...


  • Algúns usuarios dos modelos Blackberry 9900 e 9930 están a experimentar algún bug que lles impide acender os teléfonos con normalidade.A pesares de que o número de usuarios afectados non é significativo, RIM está a traballar nunha actualización que solucione o problema


No hay comentarios:

Publicar un comentario