miércoles, 16 de noviembre de 2011

¿ NFC?


NFC son as siglas de Near Field Communication - comunicación de campo próximo-. Trátase dunha tecnoloxía inalámbrica pensada para dispositivos e teléfonos móbiles que funciona na banda dos 13.56 Mhz. A súa utilidade radica en que permite establecer comunicacións instantáneas entre equipos e persoas, polo que o seu emprego céntrase nos sistemas de seguridade/identificación.A pesares de dispor dunha velocidade de comunicación elevada, o seu rango de uso máximo está limitado ós 20cm.

O NFC pode traballar en dous modos:

  • Activo:dous equipos con NFC intercambian datos xerando campos electromagnéticos
  • Pasivo:un só equipo activo aproveita o campo magnético do outro para intercambiar información.
A incorporación desta tecnoloxía ós smartphone abriu un amplo abanico de posibilidades, entre elas o pago mediante o propio teléfono, tarxetas de embarque nos aeroportos ,entradas para concertos...

Espérase que nun futuro próximo sexa habitual empregar os nosos smartphones para realizar moitas das tarefas habituais de xeito moito máis sinxelo. De momento Blackberry vén incorporando nos seus últimos terminais (9900,9930...) esta tecnoloxía.





No hay comentarios:

Publicar un comentario