jueves, 10 de noviembre de 2011

Carga a túa Blackberry coa WiFi



¿A quen non se lle esgotou a batería nun mal momento? En moitas ocasión non ter á man o cargador ou o tempo suficiente pódenos levar a que a batería se esgote xusto no momento no que máis inoportuno. Con Airnergy poderemos empregar a enerxía das redes Wi-Fi como fonte de enerxía para cargar a nosa batería.

Airnergy é un pequeno dispositivo recolector que é capaz de obter e almacenar enerxía eléctrica das sinais Wi-Fi do noso arredor para logo transferila a calquera dispositivo compatible con micro-USB, como os smartphone. A velocidade e a capacidade de recarga dependerán directamente do número de sinais Wi-Fi dispoñibles, deste xeito, canto maior sexa o número de sinais existentes, a velocidade e a cantidade de enerxía recargable será maior.



No vídeo pódese comprobar como a batería dunha BlackBerry é cargada ata un 30% da súa capacidade nuns 90 minutos, pero segundo algunhos foros da rede, este dispositivo tería prestacións máis inferiores ás anunciadas pola empresa comercializadora xa que as sinais inalámbricas xeradas nos routers están limitadas en potencia por motivos de seguridade.O prezo indicativo sitúase nuns 35-40 €.


No hay comentarios:

Publicar un comentario