jueves, 20 de octubre de 2011

Spotify no Blackberry


Spotify acaba de facer pública a beta da súa nova aplicación para Blackberry . Como sabedes,Spotify é unha empresa adicada ó streaming de música que se converteu nun referente nos últimos tempos, polo que a aplicación chega nun bo momento.

Os usuarios de redes GSM están de sorte pois de momento a aplicación está restrinxida unicamente a esa rede e ós dispositivos Blackberry 9780, 9700, 9300, 9000 e 8520.

As características incluídas nesta versión son:

  • Biblioteca musical de milleiros de cancións dende a Blackberry
  • Listas de reprodución online
  • Sincronización de listas
  • Búsqueda por artista,álbum e pistas
  • Recepción de música procedente dos teus amigos na bandexa de entrada
Como tódalas versións portátiles de Spotify, será necesario unha subscrición Premium (7-8 / mes), para poder gozar do servizo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario