viernes, 28 de octubre de 2011

Blackberry Enterprising Minds

¿En que anda a traballar RIM? No día de hoxe filtrouse un vídeo conceptual que mostra as ideas teóricas sobre a evolución futuros dispositivos e a reorientación da compañía. Segundo se comenta na rede, o deseño nacería do pasado Blackberry Innovation Forum , acontecido a comezos de mes.

O BlackBerry Innovation Forum é un conxunto de eventos que teñen lugar en toda Europa, Oriente Medio e África, e que reúne a líderes empresariais e innovadores coa intención de definir as próximas pautas de deseño e innovación.

A pesares de que o concepto mostrado no vídeo aínda se afasta bastante da realidade , pode ser unha proba do que nos atoparemos no mercado quizais nuns poucos anos. ¿A quen non lle gustaría ter un Blackberry con teclado virtual láser ? :)





PS: de momento , algúns exemplos con teclados láser virtuais que se comercializan hoxe en día


No hay comentarios:

Publicar un comentario