En diferentes foros especializados coma zonablackberry ou blackberryos existen unha gran cantidade de versións oficiais e híbridas de moitos modelos de Blackberry para descargar de forma gratuíta. Seleccionaremos a última versión oficial do noso sistema operativo existente para o terminal (ex: Blackberry 8520 ) e a continuación un híbrido compatible co noso modelo (ex: WilliBoy Hibryd 6 para Blackberry 85xx)
Antes de nada recomendo facer unha copia de seguridade de tódolos datos do smartphone, non está de máis e pode axudar a recuperar datos do teléfono no caso de que se produza algún erro. Para iso , conectamos o Blackberry ó PC , iniciamos o Desktop Manager e seleccionamos "Copia de seguridade" .
A continuación é recomendable facer un wipe, aínda que poderíamos saltarnos este paso.
Descargamos a aplicación BBSAK, conectamos (se non estaba anteriormente) o Blackberry ó PC, iniciamos o Desktop Manager e o BBSAK, onde faremos click en Connect.
Unha vez conectado,facemos click en Wipe Device:

E esperamos ata que finalice o proceso,sen desconectar nunca o teléfono
Esperamos a que o teléfono se acenda de novo sen tocalo nin desconectalo.Debería aparecer unha pantalla branca co texto "erro 507"
No BBAK seleccionamos Load OS
Abrirase o Load App de RIM :
Marcamos o noso PIN e seleccionamos as aplicacións a instalar
Tras varios reinicios xa teremos o noso sistema híbrido instalado, queda restaurar os datos salvagardados ó comezo co Desktop Manager

Na seguinte entrega os pros e contras e algún detalle de configuración básica
No hay comentarios:
Publicar un comentario