viernes, 16 de septiembre de 2011

Shazam!



Escoitas unha canción , gústache pero... ¿non tes nin idea de quen é o grupo ou artista ? Dende agora Shazam converterase no mellor amigo da túa Blackberry.

Shazam é unha aplicación cuxo funcionamento está baseado en que tódalas cancións poden ser identificadas mediante unha pegada dixital . Deste xeito, a través de diversas operacións matemáticas coma o cálculo de coeficientes de Fourier ou o algoritmo LPC , o programa identifica cada pegada e a compara cunha base de datos online. De feito bastan unhos poucos segundos de canción para que todo o proceso se leve a cabo.

Se unha canción é identificada, obteremos o nome do grupo, a carátula do albume ó que pertence e unha ligazón a iTunes para que poidamos previsualizala ou mercala.

Sen dúbida, Shazam é unha das aplicacións máis útiles e curiosas que existen actualmente para Blackberry.




No hay comentarios:

Publicar un comentario