- Para entrar no menú de enxeñaría dun terminal Blackberry debemos facer os seguintes pasos: ir á "Pantalla de axuda", pulsar a combinación alt + shift esquerda+h . Apareceremos nun menú oculto no que debemos anotar o valor do tempo de actividade(uptime) . A continuación descargamos a aplicación BBEscreen e enchemos o formulario cos datos solicitados.
Por último seleccionamos o tempo de duración que queiramos e pulsamos en get key. ¡¡ Non modifiques nada xa que o teu Blackberry podería non acenderse máis!!
- Cando a batería da Blackberry está a piques de esgotarse non é posible facer chamadas (unicamente chamadas de emerxencia ó 112) , xa que a radio permanece desactivada .É posible enganar ó dispositivo para poder usar a carga restante nunha chamada, mail ou mensaxe .Para iso debemos chamar ó 112 e pulsar o botón de colgar repetidamente para evitar que esta se produza. Deste xeito a radio permanece activa para poder recibir/facer chamadas.
- Podemos saber se unha Blackberry está liberada seguindo os seguintes pasos:Opcións, Opcións avanzadas, Tarxeta Sim e escribir MEPD ( os usuarios das series 71xx e 81xx deberán introducir MEPPD). Se tódalas entradas aparecen marcadas coma desconectadas, significará que o terminal está liberado.
- Para escribir unha letra en maiúscula, tradicionalmente debemos premer a tecla shift + letra desexada. Un atallo é pulsar directamente a tecla durante uns segundos.
- Podemos sacar fotos de xeito moito máis rápido se prememos o botón da cámara (lateral dereito do Blackberry) duas veces consecutivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario