martes, 13 de septiembre de 2011

Controla os teus gastos (2)


Nesta segunda entrega centrarémonos en dúas aplicacións diversas aínda que co mesmo obxectivo: controlar os gastos.

ProOnGo é unha completa aplicación de xestión dos gastos diarios e compras. De feito é posible tomar nota da forma de pago (tarxeta, efectivo...) dos produtos mercados, así coma dos prezos ou a data. Destaca o feito de que podemos "escanear" ( en realidade fotografar ) directamente o ticket ou factura e importalo dende o menú principal. ProOnGo permite exportar os datos a diversos formatos coma XML ,envialos por correo electrónico ou xerar unha gráfica.









CellManager
permite controlar que non nos excedamos en cada factura da cantidade de MB de navegación asignados, mensaxes SMS ou chamadas . Cunha interface sinxela podemos xestionar os cartos consumidos durante o mes e no restante e así calcular canto levas consumido /excedido. Cando alcances o teito de gasto mensual ou un número máximo predefinido de chamadas ou mensaxes , CellManager mandarache aviso. Ollo á interesante opción de xerar gráficas !!




No hay comentarios:

Publicar un comentario