jueves, 8 de septiembre de 2011
Controla os teus gastos (1)
Seguro que máis de algún leva un pequeno susto ó ver a factura telefónica cada mes. Algunhas chamadas de máis ou un exceso de tráfico de datos - sen ter a tarifa axeitada - pode facer que o gasto habitual creza inesperadamente.
A existencia de aplicacións para os nosos Blackberry que permitan controlar as chamadas e a navegación permitirán a máis de algún aforrar algún carto. Tamén faremos mención a aplicacións para levar a conta dos gastos diarios coma compras , comidas...
Entre as primeiras podemos destacar a limetime , a cal nos permite controlar a duración dunha chamada a través de parámetros coma vibrar , desconectar automaticamente tras un tempo prefixado ou notificar mediante un ton.
Outra opción interesante, esta vez para controlar a cantidade de tráfico entrante e saínte de xeito diario ou mensual é NetworkTrafficControl
Na seguinte entrega veremos aplicacións máis completas para levar a conta de sms,chamadas ou tráfico . Tamén trataremos aplicacións xestoras de gastos, coma pode ser MoneyManager.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario