miércoles, 14 de septiembre de 2011
Asasinando aplicacións: Forse Close
En máis dunha ocasión , algunhas aplicacións provocan que o Blackberry se bloquee ou se "ralentice", sendo necesario extraer a batería e reiniciar coa consecuente perda de tempo. Tamén pode suceder que o sistema multitarefa do Blackberry - o cal nos permite pasar dunha aplicación a outra de xeito "simultáneo" - se bloquee.
É posible evitar esta situación: ForseClose permitirá "matar" a aplicación que nos está a dar problemas e seguir traballando de xeito normal coas demais.
¿Entón ForseClose=Ctrl+Alt+Supr no Windows ? Sí, dun xeito parecido xa que o proceso conflitivo será terminado, aínda que por desgracia non será posible empregala en tódalas aplicacións por problemas de seguridade coa API.De tódolos xeitos é un programa máis que interesante para ter instalado nos nosos Blackberry.
Etiquetas:
Aplicacions,
bloqueo,
ForseClose,
reinicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario