martes, 27 de septiembre de 2011

Administrando servers coa Blackberry : telnet e ssh


Se tes acceso a Internet dende a túa Blackberry, xa sexa a través de WiFi , BIS ou APN estás de sorte : ¡agora poderás executar clientes telnet e ssh dende ela!

O ssh e o telnet son protocolos que permiten o acceso a máquinas remotas a través dunha rede, permitindo a administración dun equipo empregando un intérprete de comandos. A principal diferenza entre ámbolos é que no primeiro a comunicación vai cifrada, polo que unha terceira persoa allea ó proceso non podería descifrar o contido.

Antes de nada, deberemos descargar o bbssh, unha aplicación que funciona como cliente de ssh. Trala instalación , procedemos a configurar unha nova conexión:


Configuramos os parámetros de sesión : nome do host, usuario, contrasinal e o tipo de conexión -BIS,WiFi...-


Se nos conectamos ó noso propio servidor, é recomendable que asignemos un novo número de porto para que o ssh escoite as peticións de conexión da Blackberry - por defecto é o porto 22- . Para iso , en Ubuntu editamos o arquivo /etc/ssh/sshd_config e agregamos a liña : port 33333 , onde 33333 será o novo porto de escoita .Reiniciamos o servizo con service sshd restart.

Hai que ter en conta que o ssh é capaz de escoitar en dous portos simultáneamente, polo que non necesitamos eliminar a asignación do porto por defecto. Na aplicación seleccionaríamos o novo número de porto ( poderíase facer deste xeito : omeuserver.omeudominio.com:33333 ) e nos conectaríamos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario