miércoles, 31 de agosto de 2011

IM+: o chat de chats


¿Es usuario habitual das aplicacións de chat? ¿Tes amigos que utilizan diferentes plataformas ? Se é así esta é a túa ocasión : presentamos a nova versión de IM+, o todo en un da mensaxería instantánea.

Compatible cunha enorme variedade de SO (Android, Windows Phone, Windows Mobile , Symbian S60, Palm OS, Java compatibles e como non , Blackberry ) IM+ é unha das aplicacións máis completas que se poden atopar na actualidade .

É compatible con ata 11 servizos de mensaxería instantánea, entre eles os populares MSN, Facebook, GoogleTalk, Yahoo! ou outros coma ICQ, AIM ,Jabber, MySpace, Yandex e Vkontakt. Por se fora pouco dispón de integración con Twitter e Skype (chat+mensaxes de voz grabados).

Algunhas funcionalidades coma o recoñecemento de voz - permitirá ditar directamente as mensaxes aínda que se atopa unicamente dispoñible en inglés - ou o tradutor incorporado (alemán, inglés, italiano,ruso,español,portugués,grego...) simplificarán enormemente o chat.

Por se fora pouco, poderás saber onde se atopan os teus amigos en cada momento grazas á funcionalidade de xeo-localización e os usuarios de Blackberry, cando pechen sesión, poderán recibir as novas mensaxes en forma de correo push.

Os interesados poderán atopar máis información na web de IM+, así como baixar unha versión básica con certas restricións . O tradutor, a xeo-localización ou o tempo de sesión de Skype estarán inhabilitados ou limitados en tempo. O prezo completo será de case 14 euros, caro pero creo que ben compensado.





No hay comentarios:

Publicar un comentario