jueves, 9 de febrero de 2012

¿Zelda no AppWorld?




De seguro que este título provocou a máis dalgún un sorriso involuntario, e non é para menos xa que a saga Zelda é unha das máis populares e con máis seguidores do mundo dos videoxogos, e sigue estando de moda. Tal é o seu éxito que foi adaptado a moitas plataformas , dende as primeiras versións para as consolas portátiles, pasando pola N64 ,3DS e agora tamén para Blackberry.


Tal e como nos comenta o noso compañeiro Agos Reigosa ,o título atopouse dispoñible no App World ata fai unhas semanas aínda que pode que non nas mellores condicións : o feito de que non viñera da man de Nintendo senón por parte da firma GameVNS , se executase a través dun emulador e non contase con licenza oficial puideron ser factores que condicionasen a súa "supervivencia" no mercado de aplicacións de RIM.

¿Debería RIM considerar no AppWorld a existencia deste tipo de xogos - executados a través de emuladores-? Dende Mallando na Blackberry estamos completamente convencidos, aínda que a cambio fose necesario realizar a compra da aplicación, pois de seguro a máis dun nostálxico lle faría ilusión recordar os "vellos tempos" botando unha partida.

Polo de agora, tal e como comentamos fai algún tempo, segue sendo posible gozar destes clásicos dun xeito máis "extraoficial" ;)






No hay comentarios:

Publicar un comentario