miércoles, 15 de febrero de 2012

Primeiras imaxes de Blackberry OS 10


As primeiras imaxes de terminais Blackberry correndo a nova versión do Blackberry OS -10.0- están circulando pola rede grazas ó blogue norteamericano crackberry. Segundo RIM, o novo sistema operativo está deseñado para aproveitar ao máximo a potencia dos terminais , ofrecendo funcionalidades avanzadas de multitarefa,xestión de memoria en tempo real ou aforro de batería dinámico.

De momento, o que está claro é que o aspecto gráfico foi totalmente re-deseñado.Do mesmo xeito que Android ou WindowsPhone, os widgets xogarán un papel importante na pantalla de inicio, brindándonos un acceso máis rápido e cómodo ás aplicacións máis empregadas.

Nesta outra imaxe, pódese observar a nova bandexa de entrada, a cal nos lembra bastante o deseño da aplicación análoga do PlayBook 2. Mención o feito de que os contactos de correo electrónico están completamente integrados na axenda, dun xeito similar ó que fai Android coa sincronización do caderno de direccións de GMail.


A última das imaxes filtradas mostra a pantalla de chamada: ás tradicionais opcións de altofalante e chamada, únense as posibilidades de videoconferencia ou de realizar anotacións no rexistro do contacto.



A falla de máis filtracións, o que está claro e que tralas polémicas xeradas coa sustitución do seu presidente executivo, RIM quere estar na boca de todo o mundo tecnolóxico, e nada mellor para conseguilo que con novidades coma esta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario