miércoles, 8 de febrero de 2012

Blackberry DevCon : Amsterdam



Os eventos de Blackberry sempre son esperados e máis se se tratan dos DevCon -Developers Conference- pois neles é onde RIM acostuma a presentar algunha novidade ou liñas a seguir. De feito, nestes días estase a desenvolver o evento europeo en Amsterdam .

O novo CEO Thorsten Heins foi o encargado de realizar a presentación no día de onte: máis de 2000 asistentes procedentes de toda Europa, África e Oriente próximo aprenderán a aproveitar ó máximo as posibilidades da plataforma Blackberry e continuar a crear aplicacións de alta calidade non só para os famosos smartphone, senón que tamén para a tableta PlayBook.

O feito é que o PlayBook non conseguiu, a día de hoxe , atopar unha posición destacada no mercado das tablets. A falla dunha cantidade de aplicacións específicas ou dunha orientación adecuada cara o consumidor fixeron que o proxecto case remate en traxedia.

Consciente desta situación, o novo presidente executivo tomou cartas no asunto: o DevCon profundará na creación de aplicacións baseadas nas novas tecnoloxías HTML5 e C/C++ para espremer ó máximo tódalas posibilidades- tanto potenciais coma visuais- dos terminais.

Para fomentar esta visión, os asistentes recibirán unha tablet PlayBook para que poidan desenvolver máis e mellores aplicacións.Non nos esquezamos que tamén presentarase a folla de ruta para o tan esperado OS10.






No hay comentarios:

Publicar un comentario